O Forno e o Pan

facendo a s brasas no forno

Cada aldea ten un forno comunal onde se coce o pan daqueles veciños que non contan cun propio.

Están construídos dentro dun caseto, co espacio suficiente para garda-la leña e poñer a leveda-la masa.


A elaboración do pan consta de dúas partes: o amasado e a cocida do pan. O amasado é faena de mulleres.

Primeiro mezclan a fariña con auga, sal e fermento (xeralmente gardado da cocida anterior). Este labor faise en grandes artesas de madeira (maseiras).

amasando
aínda lle falta
nas que peneiran a fariña antes de botarlle, pouco a pouco e con moito coidado, o resto dos ingredientes, amasando sen parar, ata acadar unha masa esponxosa que se desprende doadamente das mans.

Tapan a masa cun pano de liño e deixana cerca do lume ata que levede. Mentres, vaise quentando o forno, facendo lume e removendo as brasas de cando en vez, para que quenten por igual tódalas paredes.
 a masa na maseira
bolos

É un proceso longo e laborioso, porque a boa cocida depende da temperatura do forno.

Un pouco antes de que estea a punto, as mulleres fan os bolos que logo irán metendo dentro coa pa.

Si se fan empanadas, estas van colocadas cerca da porta, tapadas con follas de coles ou repolos.
forno quente e cheo

a tapa do forno
Tápase a boca do forno cunha plancha, diante da que se colocan as brasas retiradas, para conserva-la calor, e deixase cocer pouco a pouco o pan, removendo cada certo tempo os bolos, para que se vaian cocendo por igual.
os bolos cocidos
A cocida do pan é un motivo de xuntanza de mozos e mozas, sobre todo no inverno, xa que mentras estas axudan ás nais na faena, eles acuden para charlar e contar contos.
volve ó inicio
Volve ao índice, preme na casiña.
Podes facer uns exercicios e comprobar o que aprendiches. Preme na boneca
Agora un encrucillado
Preme no bolo para ver as fotos dos máis cativos facendo pan.