A malla

No mes de agosto comezan as mallas. É outro motivo de xuntanza do vecindario, aqueles que contan cunha eira propia, mallan nela, pero o normal é que se faga nunha común, gardando os veciños unha rolda e axudándose os uns ós outros, como se fixo na sega.

Comenza a malla levando os mollos, no carro, á eira, exténdense en filas, todas coa espiga do mesmo lado, agás a última que se coloca do lado contrario.
Cargando o carro
Colocando  a palla
Este labor convén facelo moi cedo para que o sol quente o gran, antes da chegada dos malladores.
Usánse para mallar uns paos (o longo chámase mangueira e o curto pírtigo) unidos por unhas pezas de coiro (casulas).
mallo
Acuden tódolos veciños (homes, mulleres e nenos) e cada home leva o seu mallo ó lombo. Colócanse os homes en dúas filas, unha enfrontada á outra, e comenzan a mallar, alternando os golpes de mallo; cando un peta, o de enfronte teno en alto; vánse movendo de lado ata chegar ó borde da eira, avanzando uns e retrocedendo outros, cada vez van batendo máis forte, procurando bourar máis alto que os demais para "gaña-la boura".
Ó remata-la primeira volta, acuden as mulleres que, mentres os homes botan un trago, removen as pallas sacudíndoas contra as pernas, deixándoas ben penteadas, a continuación os homes comenzan a bina (segunda volta) do lado contrario ó anterior.
mulleres
Finalizada esta volta, as mulleres van collendo a palla, xa sen grans, e atándoa en feixes, suxeitos con vincallos.
recollendo a palla
mollo
Rematado este traballo, limpan o gran, para o que se usa unha pequena máquina, que alquilan pagando unha tega (medida de capacidade para áridos) de gran, por cada cen, as espigas que quedan no chan, sen romper, sepáranas as mulleres cunha barredoira (vasoira de ramallas longas).
recollendo o gran
Unha vez venteado o gran, escólleno con zarandos ou cribos e méteno en sacos que miden co ferrado e que logo levan para a casa, botándoo en arcas que quedan abertas algún tempo, remexendo coas mans ás veces, ata que estea ben frío.
colocando os feixes
Namentres os rapaces van levando os colmeiros e os feixes para face-lo palleiro ó tempo, que outros dan de beber a quen o pide.

Rematado o traballo xúntase abundante comida: cocido, broa, viño, etc., mentres se fala o contan contos, e aínda non é raro que ó rematar xoguen algunha partida de cartas.

Na segunda metade do século XX, as máquinas trilladoras foron sustituindo pouco a pouco ó mallo, o que aliviou moito o traballo.
trilladora
vai comenza-la trilla

As máquinas móvense cun motor de explosión e lévanse ata a eira nun carro.

A palla utilízase para colma-las casas, palleiros, muíños..., tamén para estra-las cortes, encher xergóns, facer cestiños, dar de comer ó gando, esterca-las cebolas, etc.
trillando
rematando o palleiro

Agora podes facer uns exercicios e comprobar o que sabes da malla. Preme aquí

Volta ó inicioPreme para facer o encrucillado