|
Cando,
cada día comemos ese manxar tan común, o pan, non pensamos
nas mans agarimosas que o elaboraron e conseguiron que disfrutaramos del.
|
|
Comeza
o proceso no muíño, onde aqueles grans de millo, centeo
e trigo, vanse converter en fariña que, unha vez amasada e cocida,
transformarase neses bolos e bolas que alimentarán o corpo ó
tempo que deleitarán o padal.
|
![]() |
![]() |
Están
construídos os muíños tradicionais, nas ribeiras
dos ríos, xa que se aproveita a forza da auga para poñe-lo
mecanismo en funcionamento, e é rara a aldea que non contaba cun
deles, ó que acudían tódolos veciños para
moer o gran que cosechaban nas súas terras e co que elaboraban
o pan para o seu consumo diario.
|
![]() |
Constan,
nun proceso moi inxenioso, dunha cadea de pezas entrelazadas que fan
mover unha roda de pedra, a moa, que xira sobre outra fixa chamada
pé, e por mor do seu rozamento, desfán o gran en
partículas moi miudas.
|
![]() |
![]() |
|
A
auga entra no muíño a través da cañeta
e fai move-lo rodicio, comunicado coa moa, que se fai
aproximar ou separar ó pé co aliviadoiro, según
se queira a fariña máis ou menos moída;
|
![]() |
|
|
sobre ditas rodas vai caendo pouco a pouco o gran depositado na moxega, muxega ou quenlla. Chámase quenlla pequena ou cañeta á peza que permite a súa caida. |
|
Unha vez moído vai parar á peneira, que é un tipo de caixa oscilante cun fondo de malla que, cos seus movementos vai separando a fariña do farelo. |
![]() |
|
Recóllense
da peneira tres tipos distintos de fariña, sendo a primeira a máis
fina e valorada, na última parte, queda depositado o farelo, que
se recolle noutros sacos.
|
![]() |
![]() |
![]() |
|
|