Os oficios
Afiador
Ferro
da roda de afiar: é un aparello que se usa de eixo para a roda e ten
a misión de face-la xirar.
Albanel

Espátula: Instrumento formado
por un mango de madeira e unha lámina de metal aplanada.
Ferreiro

Zafra de cravuñar: Peza de
ferro alongada que se emprega para traballa-los metais co martelo.
Gaiteiro
Gaita:Instrumento
musical de vento que consta dun fol, que se enche soprando, e de varios tubos
de madeira por onde sae o aire ó preme-lo fol entre o brazo e o costado.
Mineiro

Pico: ferramenta con dúas puntas
e un mango que serve para cavar en terreos moi duros. Emprégana os mineiros.
Panadeiro
Pa
de enfornar: Instrumento composto dunha folla rectangular ou ovalada de madeira,
ferro, etc. Emprégase para mete-la masa no forno e para retira-los
moletes, unha vez cocidos.