|
O coiro é, segundo o diccionario,
a "pel dos animais, en particular a que se pode curtir".
O uso do coiro remóntase á antigüidade, as peles de
animais serviron para moitos usos xa nos primitivos castros. Servía
para cubrir e protexer do frío, para facer os escudos que se usaban
nas loitas, e tamén para facer embarcacións.
Para poder usar as peles dos animais foi
preciso desenvolver uns procesos de curtido. O método tradicional
leva casi un ano, dende o momento no que se obtén a pel ata que
pode ser usada.
O coireiro ou curtidor era quen trataba as peles que pasaban do lavadeiro
ó caleiro e a mudanza. Logo de pelar, escarnar, labrar e aprimar,
tiña lugar o curtido botando casca de carballo moida na auga. Así
pasan por varias tinas esparrándoas entre unha e outra. O sairen
da última ten lugar o engraxado e despois o mazado e rematado.
O último e o dobrado.
Nestes tempos todo é máis sinxelo, os productos químicos
substituen ós naturais, aforrando moito tempo. Tamén as
máquinas fan o que antes era un longo proceso.
|