A zona
A zona onde se atopa "As Laceiras"

Onde da comenzo O Courel, na ladeira sur do río Lor, aparece un fermoso val onde se ubica o lugar de "As Laceiras" na poboación de Salcedo e dentro do Concello da Pobra de Brollón.
Neste lugar vive dende hai quince anos Fernando Peña Novo coa súa familia.

As montañas
O conxunto
Este é o lugar de "As Laceiras", entre as montañas e na ladeira do río. Nesta paisaxe atópase unha gran variedade de fauna e flora.

Esta fermosa zona oferta moitas actividades lúdicas entre as que destacan o sendeirismo e a pesca.

Tamén hai unha historia da que os poboadores sinten moito orgullo. É a dos "Guímaros". Foi no século XV cando estas terras estaban baixo o señorio da casa de Lemos. Os campesiños rebeláronse e conta a lenda que o piñeiro que agora está no escudo da vila é o símbolo da árbore baixo a que se celebraban as reunións.

Plano da zona
Situación no mapa
Tamén preto está a vila de Parada de Montes, declarada conxunto monumental histórico-artístico. As casas teñen os tellados da pizarra da zona, coa particularidade de que estes están unidos formando corridores cubertos moi útiles no tempo de chuvias e neves.

Para facer un percorrido ecolóxico pola zona de O Courel, pescudando para coñecer máis das súas características, preme na boneca.
Aprende sobre o Courel
Volve ó índice
Volve ó índice