O obradoiro de Luisa Estévez e Oscar Montero non é de tradición familiar, hai 18 anos eles fixeron uns cursos e coñeceron os rudimentos deste oficio, pero a creación é moito máis recente.
Nós temos que agradecerlles a súa hospitalidade e dedicación, eles trataron de acercarnos ós segredos deste oficio, na tarde que compartimos para poder facer este pequeno traballo. Seus son os tecidos, os materiais, os teares e aparellos..., que ides ver aquí. A verdade é que o entorno de traballo, creado por eles, fai que encaixe perfectamente a beleza das súas obras.
Traballan con moi diferentes materiais como: liño, alpaca, algodón, lá meriño, ramio... etc.
Para tinguir úsan tintes naturais, feitos a base de plantas, follas de nogueira, ortigas... etc. Aínda que normalmente empregan fíos xa tinguidos, e só de maneira experimental tínguese aquí, non desbotan a idea de facelo no futuro.
|