O tecido
Tecido no tear

Artesáns
Materiais
O tear
Elaboración
Innovación
Tradición

Di a copla popular: "Aquela tecelaniña adormeceu no tear; con licencia do seu pai eu a irei a despertar"

Fala así dun oficio artesanal que pode ser moi creativo pero tamén ten moito traballo detrás. A preparación dos materiais, moitas veces cultivados polos mesmos artesáns, como no caso do liño, ou tinguidos por eles; o tear coa erdume e lizos; a fabricación dos utensilios necesarios para traballar... alonga o tempo preciso para conseguir unha prenda. Hoxe estes traballos están a desaparecer desprazados polas fibras e tecidos industriais. Estes son moito máis económicos e atópanse por milleiros de tódalas formas e cores, pero non teñen a calidade, o valor dunha obra única, feita con agarimo e coa creatividade do artesán.
Volve ó indice
Volve ó índice

Cando remates de ler poderás comprobar canto sabes do tecido, preme na boneca.

Vai face-las actividades