![]() |
![]() |
|
O traballo no tear comenza coa preparación do
mesmo. É necesario saber o tipo de prenda que se quere facer para
prepara-la urda, urdido ou erdume, que ven se-lo entramado, base
do tecido.
|
![]() |
Para iso prepáranse os fíos na urdideira.
Hai urdideiras de pared ou de tambor. Neste caso os artesáns
usan unha urdideira de tambor fabricada por eles mesmos
á medida das suás necesidades.
Os fíos enróscanse arredor facendo xira-la urdideira, o número deles será o axeitado á prenda que se vai tecer. As voltas de tambor serán as que dean o longo do urdido. É un proceso moi laborioso. Calcúlase que uns 800 fíos poden levar ata dúas horas de traballo. Estes fíos recóllense nunha longa trenza, ou cadea, que máis tarde colocaráse, fío a fío, no tear. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
A cadea desfaise para pasar os fíos polo prepeite
ou restrelo, tendo os cabos xunguidos ó compostorio
do orgo do liño.
Logo colócanse os fíos nos lizos. |
![]() |
Dous vistas da montaxe da urdime no orgo do liño,
que logo irá soltando á medida que o precise.
|
![]() |
|
Máis detalles da colocación dos fíos
no orgo. No comezo dunha nova peza terán que ser atados no pau
atador, ou espeto.
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
O atado e moi importante para evitar que podan soltarse
ou afloxarse durante o traballo. Segundo os materias elexidos este labor
pode ser máis ou menos doado. A la é moi elástica
e recupera moi ben dos estiramentos. Non así o liño que
é máis difícil de atar e vai afrouxando logo, polo
que rematado o traballo hai que repasar tódolos nós xa feitos.
|
|
Xa está preparado o tear para tecer. Compre agora
a preparación da canela co fío co que imos tecer.
Pódese preparar nun caneleiro que non é máis
cun eixe que se fai xirar por medio dun volante ou roda. No eixe colócase
unha cana na que se prende o cabo do fío. Ó mover o aparello
o fío vai envolvendo na cana.
|
![]() |
![]() |
|
As canelas meténse nunha lanzadeira, caixa
de madeira feita de bidueiro ou cerdeira. Leva un buraco, nun dos lados,
polo que sae o fío
|
![]() |
E comenza o labor. A tecedeira pónse do lado
do orgo do pano pisando unha premedeira con cada pé
(non ó mesmo tempo), esto fai que a trama abra en dúas partes,
unha arriba e outra embaixo. Entón botará, coa man dereita,
a lanzadeira entre elas. Coa man esquerda recolle a lanzadeira e apreta
o fío que pasou batendo co peite cara ela.
|
|
Segue de esquerda a dereita, pasando os fíos
na canela da lanzadeira mentres invirte os lizos, logo apreta co peite.
|
![]() |
![]() |
A maior o menor presión que lle imprima o peite
vai facer que o tecido sexa máis ou menos abatanado. Rematado o
tecido deixánse uns fíos para face-los flecos. Estes iránse
agrupando e enroscando segundo o precise a prenda.
|
![]() |
|
Tamén se lle da un lavado a tódalas prendas, xa que teñen
arredor dun 10% de mermas no primeiro lavado. |
| Volve ó índice |