Materiais
Cadea de lá
Sabemos que os materiais tradicionais dos tecidos galegos eran o liño e a la. Hoxe en día seguen a ser moi usados, aínda que xa non son exclusivos. Moitas veces serven para dar corpo a outros materiais. Conseguen así unha ampla gama de texturas e utilidades nos tecidos que saen dos novos teares.
Nas nosas aldeas tecíanse sabas de estopa ou liño fino, colchas de liño e la e cobertores de la e farrapos. Co tempo o cultivo do liño foi desaparecendo e no seu lugar comenzaron a facer a urda, urdido ou erdume co algodón portugués. Tamén en algúns lugares fixeron innovacións tecendo alfombras con plumas de galiña, sobre un urdido de algodón. A orixe desta novidade podería se-lo retorno da emigración xa que en América era moi frecuente esta técnica.
No obradoiro que nós visitamos practicamente traballan con fibras naturais (la, liño, alpaca, algodón, seda, rafia, ramio...). Utilizan moito a alpaca, moi boa e suave ó tacto, resistente e doada de traballar. Produce uns tecidos moi agradables e abrigan moito.
Tamén usan moito a seda para traballos moi finos, mezclada con algodón ou la, produce uns tecidos moi fermosos, engade suavidade e da un porte especial ás prendas que se fan con eles. E tamén fibras sintéticas para os traballos máis innovadores.
Mantón de lá
Toalla de algodón
Mantón moi fino
Alpaca nas bufandas
Lá  para o inverno
Liño e lá nun finísimo mantón
Volve ó índice