![]() |
![]() |
|
O tear varía moito dunhas localidades
a outras, aínda que o seu mecanismo sexa o mesmo.
Conta con dous tipos de pezas: sustentantes e sustentadas. As primeiras forman a armadura do tear, mentras que as pezas sustentadas son móbiles. |
![]() |
Estas últimas reciben nomes tales
como: orgo do pano, eixe transversal no que, por medio dun espeto,
amarra o comezo da tea, tensándoa ó torno. Nalgúns
sitios este orgo é liso, pasa o lenzo por el e vai prender noutro
orgo colocado máis abaixo. Despois do orgo do pano atópase
o peite que está formado por unha serie de lamias, ou palletas,
suxeitas polos extremos a dúas varas transversais.
|
![]() |
![]() |
|
Despois atópanse os lizos, neste caso
son catro, aínda que nos máis antigos eran dous e agora
pódense atopar ata doce. Os lizos van suspendidos dunhas
cordas que pasan por catro rodelas ou roldanas, de tal xeito que
cando un baixa o outro sube. Este movemento dáselle por medio dos
pedais, tantos coma lizos. Son as premedeiras. Estas conectan coas
levas que moven os lizos.
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Finalmente, no outro extremo do tear atópase
o orgo do liño que é semellante en todo ó
orgo do pano. Ten tamén unha acanaladura na que entra unha
variña. No caso do orgo do pano chámase espeto e
no orgo do liño, compostoiro.
|
| Volve ó índice |