![]() |
![]() |
|
A presencia deste oficio, na cultura popular, abonda
na nosa terra. Son cantigas, adiviñas, ditos e refráns que
lembran a existencia dunha longa tradición.
Imos comenzar lembrando un traballo excepcional do escritor Xaquín Lorenzo. É un recorrido polos oficios tradicionais, con debuxos dos aparellos e precisas explicacións do seu uso. Gracias a el coñecimos o que queda da tradición máis antiga e poidemos contrastalo coas novidades introducidas polos artesáns que traballan nestos tempos. Ademais atopamos estes outros testemuños: |
Coplas populares:
|
"Á porta da tecelana |
"Mala xesta barredeira
veña polas tecelanas, porque roban os novelos e despois piden as marras" Os novelos son os ovillos de fío |
|
"Mariquiña tecedeira, namorada dun galán, ten o pe na premedeira e a lanzadeira na man" |
"Aquela tecelaniña adormeceu no tear; con licencia do seu pai eu a irei a despertar" |
Adiviñas relacionadas co tecido, tear e fío:
¿O que é, que é, redondiño, redondón, e cabe nun niño de paxaro paxarón? (O novelo de fío) |
|
|
Banco no medio,
estribo no pé, rincha que rincha e cabalo non é. (O tear) |
Branca larada,
que vai pola estrada; non come, nen bebe, nen paga obrada. (A tea) |
Refráns:
|
"Urdir e tecer, non pode ser"
"A tea mal tecida, ó lavala, queda encollida" "A tea tecida e a muller parida sempre teñen acollida" "Tea dun só pulgar tarde vai ó tear, mais, cando vai, vai sempre igual" |
"A tea miúda ó seu dono axuda" |
E unha lenda portuguesa:
|
Cóntase na veciña rexión
de "Tras-os-montes" que nunha fraga perto do barrio de Castelo,
na feigresia de Jou, tódalas noites de San Xoan escoitase bater
un tear de ouro, coma se estivese a tecer. Contan tamén que ese
tear pertenceu ós mouros e que alí se atopa encantado.
|
Bibliografía consultada:
| FERRO RUIBAL, Xesús: "Refraneiro Galego Básico" GIPPINI ESCODA, Enrique: "Refraneiro galego" (escolma) GÁRFER, FERNÁNDEZ: "Adivinancero popular galego" LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: "Os Oficios" PÉREZ BALESTEROS, José: "Cancionero popular gallego" SESEÑA, SÁENZ, BOUZA: "Aproximación al arte popular en Galicia" |
|
|