Día da Paz 2007

Este curso celebramos o Día escolar pola Paz e a non violencia con diversos actos e unha ÁRBORE DA PAZ presidiu a entrada do Colexio.

As follas contiñan os desexos de paz e amor que todo o alumnado foi deixando nela.


A árbore da paz

O alumnado de 6º interpretou unha danza cooperativa no patio do Colexio.
Baile cooperativo

Cantando
O acto rematou coa canción: "Que vivan a Paz e o Amor".

Pero este curso a conmemoración da Paz tivo uns actos que comezaron unha semana antes da celebración e aínda seguen.
O tema a traballar: África. E neste continente, dous conflictos diferentes pero que teñen en común o sufrimento de moitas persoas: Senegal, a emigración, e o Sahara, os refuxiados.
Proxeccións, presentacións, exposicións de libros e materiais para traballar... poideron atoparse na Biblioteca do Colexio.

Contamos coa presenza da ONGDS coruñesa "Ecodesarrollo Gaia". O seu fundador, Mito, falou dos verdadeiros valores da solidariedade, da necesidade de desterrar uns comportamentos alleos e violentos que contaminan a cultura de paz. Tamén do labor desta organización no Senegal, e aquí mesmo na nosa cidade, axudando a persoas que o necesitan.
Mito fixo a presentación

O relato
Un momento moi especial, e no que todas as persoas asistentes sentimos un nó..., foi o relato da travesía do cayuco que trouxo a estes dous senegaleses a España. Os sentimentos, a necesidade e sobre todo, a heroicidade dun deles que se botou a auga para reparar a embarcación a piques de romper... o agradecemento ás persoas que os axudaron e que agora son os seus "pais, nais e familia toda".

Pero a vida e alegría, amizade, compartir momentos... e así remataban, unha mañá moi especial, estas fantásticas persoas, bailando, cos traxes ceremoniais, unha danza do seu país. Tamén houbo quen non poido resistir no seu asento e saiu bailar con eles.
No fronte do escenario estaba a "muralla de arroz" resultado das achegas do alumnado, unha contribución ao primeiro obxectivo do milenio: rematar coa fame no mundo. Non estaban á vista os lapis que achegaron para contribuir ao segundo obxectivo: o ensino universal.
Bailando

O salón
O ambiente ía dende a emoción ata o desexo de bailar tamén, no momento no que rematou o tempo porque outros grupos tiñan que participar. O alumnado, posto en pé, coreaba a actuación.

A despedida foi impresionante, ninguén dos presentes esquecerá está experiencia cando escoite falar de cayucos ou emigrantes africanos.
Para saber das actividades deste fantástico grupo de persoas ide aquí:

http://www.gaiadiaadia.blogspot.com/

A despedida

Outra actividade foi a relacionada co Sahara occidental e os seus refuxiados. O alumnado poido ver o corto "Lalia" e así coñeceu o que está a pasar nesta terra.
Unha representante da ONG "Ingenieros sin fronteras" falou da súa experiencia no Sahara para o alumnado de 6º curso.
Para ver as fotografías doutros cursos preme na pomba
Fotografías doutros cursos