Este curso a celebración do Día Escolar pola Paz e a non-violencia tivo un especial recordo á pluralidade de linguas que se falan no mundo.
Lembramos as verbas do director da UNESCO: "Los idiomas son esenciales para la identidad de las personas y los grupos humanos y para su coexistencia pacífica, y constituyen además un factor estratégico para avanzar hacia el desarrollo sostenible y la articulación armoniosa entre lo mundial y lo local..."
Seguindo as suxestións da Biblioteca que celebra nestes días o comezo do "Año internacional das linguas" coa mostra VOCES DO MUNDO, tódolos cursos representaron ás diferentes linguas e os pobos que as falan.
O resultado foi un desfile moi variado no que todos aportaron as bandeiras, os nomes dos países e a palabra PAZ na lingua de cada país.

Aquí tedes unha mostra do que se fixo ese día.

 
Para ver celebracións doutros cursos preme na pomba
Fotografías doutros cursos