Introducción

Cospeito é un concello situado na comarca da Terra Chá, unha chaira importante na provincia de Lugo.

O percorren ríos como o Támoga e o Anllo. Ten lagoas de grande valor ecolóxico. A agricultura é a base da súa economía.

Conta cun pasado histórico importante e lendas que imos coñecer.

Tarefa

Terás que pescudar sobre estes aspectos, situación xeográfica,ríos e lagoas, historia e lendas, economía... todo para que ó remate sexas quen de redactar un prospecto co fin de atraer visitantes á zona.

O Proceso

A xeografía

Sitúa Lugo no mapa de Galicia e localiza Cospeito.

Podes utilizar as seguintes ligazóns:

http://www.galinor.es/llegar/m-galicia.html

http://gl.wikipedia.org/wiki/Cospeito

Agora tes que atopar información sobre o clima, os ríos e montes que rodean a zona, as lagoas, a flora e a fauna...

Aquí tes moita información:

http://www.diputacionlugo.org/html/municipios/cospeito.htm

Seguro que atopas nomes que non coñeces, utiliza un buscador para resolve-las túas dúbidas:

http://www.google.com

A Historia

Terás que atopa-las respostas ás seguintes preguntas:

  • Nome dun río sagrado para os iberos e celtas.Sitúa na súa época ó 'Señor da Pena de Cospeito'.¿Que coñecida familia era dona da maioría das terras do actual concelllo?.¿Quen foron os irmandiños?.¿Que famosa torre está moi relacionada coa Revolta Irmandiña?.¿Que castros importantes hai na zona?.
  • Pazos e torres.

Atoparás información na páxina:

http://www.diputacionlugo.org/html/municipios/cospeito.htm#historia

Lendas

Busca información sobre a lenda da Lagoa de Valverde.

http://www.geocities.com/thiudarex/ly/laguna.htm

Socioeconomía

  • ¿Cal é o sector económico que predomina na zona?.
  • Busca información sobre o Instituto Nacional de Colonización e cal foi a súa influencia no desenvolvemento da comarca.
  • ¿Que cultivos son a base da agricultura chairega?
  • Na gandeiría destacan:...

Podes atopar toda a infomación que precises na páxina:

http://www.diputacionlugo.org/html/municipios/cospeito.htm#socioeconomia

Turismo e ocio

Hai moitas rutas interesantes para os afeccionados a natureza e os que o mesmo tempo queren combinala coa historia e os monumentos. Nestas páxinas tes unhas rutas suxeridas:

http://www.diputacionlugo.org/html/municipios/cospeito.htm#turismo

http://www.edugaliza.org/sala/lugares/lugo/terra_cha/index.htm

A conclusión

Agora xa tes moitos datos e información suficiente. Terás que facer un cartel turístico para animar á xente que non coñeza este fermoso concello, para que o visite.

O mesmo tempo redactarás frases curtas louvando as belezas da zona e suxirirás a ruta máis atractiva, o teu parecer, explicando os motivos da elección.

Avaliación

Os aspectos a ter en conta neste traballo, ademais dos carteis frases serán:

  • a capacidade de traballo en grupo
  • a busca e síntese da información para o traballo
  • o interese polo coñecemento da nosa terra e o desexo de transmitir este coñecemento a outras persoas.
Volta a Cospeito
Volta a Cospeito