Introducción

A Ribeira Sacra é unha zona de impresionante beleza natural, o Sil e os seus afluentes introdúcense profundamente no terreo, xerando unha impresionante red de vales encaixados. Isto, xunto co feito de estar no medio de dúas zonas climáticas moi diferentes, fixo medrar unha vexetación semellante á da meseta, onde vemos xaras, érbedos, oliveiras...

A ocupación deste vales, desde tempos remotos, móstrase nun amplo conxunto de monumentos arqueolóxicos, que van dos castros ós mosterios, sen esquecer os restos romanos e unha arquitectura tradicional moi variada.

A Tarefa

Logo do paseo virtual pola Ribeira Sacra, que farás 'viaxando' polas páxinas Web suxeridas, terás que escoller os itinerarios para unha viaxe de fin de curso.

O Proceso

A xeografía

Tes que ler sobre Ribeira Sacra na seguinte páxina, toma boa nota dos lugares e os límites para logo ser quen de atopalos nun mapa.

http://www.ribeirasacrata.comAgora vas ó mapa na seguinte dirección:http://www.galinor.es/llegar/m-galicia.htmle buscas alí os nomes ós que fai referencia a información que liches. Agora tes que debuxa-lo mapa da Ribeira Sacra, integrado no mapa de Galicia.

Busca tamén datos sobre a climatoloxía da zona, logo precisarás esta información para aconsellar as actividades a desenvolver na viaxe.

A Historia

Entra nesta dirección e infórmate sobre a historia (fíxate nos castros e restos romanos da época na que o Sil era sinónimo de 'ouro', nas rutas do Románico e dos Mosteiros...).

Colle toda a información que precises para que podas razonar sobre as rutas máis interesantes e completas.

http://www.ribeirasacrata.com

Entérate de que persoeiros famosos naceron na Ribeira Sacra, facendo especial fincapé no que foi homenaxeado o ano 2002 no día das Letras Galegas.

As Lendas

Vas disfrutar agora coas lendas, recorda facer un pequeno resumo para engadir a túa proposta de viaxe.

http://www.ribeirasacrata.com

E non esquezas que para moitas das buscas podes atopar moita información nos buscadores da rede, por exemplo:

http://www.google.com

Turismo e ocio

Consulta as páxinas turísticas, coas rutas de sendeirismo, do catamarán, da artesanía... feiras, romarias, gastronomía...

Conclusión

Agora terás que consulta-las túas notas, escolle-lo máis axeitado para a viaxe que desexas facer.

Cando xa o teñas decidido, fai a presentación do proxecto. Lembra que vas ter que convence-lo grupo para que a viaxe se faga.

Avaliación

Os aspectos a ter en conta neste traballo, ademais da presentación e información transmitida, serán:

  • a capacidade de traballo en grupo
  • a busca e síntese da información para o traballo
  • o interese polo coñecemento da nosa terra e o desexo de transmitir este coñecemento a outras persoas.
Volta á Ribeira Sacra
Voltar a Ribeira Sacra