Tivemo-la sorte de visita-lo concello de Ferreira de Pantón, na Ribeira Sacra, onde asistimos a unha vendima familiar. O señor Xesús, dono da viña, foi explicando, moi amablemente, tódolos pasos que se seguen desde que se pranta a cepa, ata o remate do proceso dentro da cuba. O noso agradecemento a esta familia e a tódalas persoas que colaboraron con nós. Gracias a elas puidemos realiza-lo traballo sobre a vendima, segundo os métodos tradicionais. |
![]() |
A
Ribeira Sacra sitúase a ambas marxes do Canón do río
Sil, comprende as comarcas situadas entre as primeiras elevacións
do Courel e os vales de Ourense e do Ribeiro,
|
|
e desde a Serra do Faro ata a Serra de Queixa, case todos límites
montañosos que a separan doutras comarcas como a do Courel, Valdeorras,
Val do Limia ou O Bolo.
|
|
Esta
é unha terra de ribeira e montaña. A súa altitude
media é de 600 metros, cun desnivel que vai desde os 100 metros
ata os 1900 metros de Cabeza de Manzaneda.
|
![]() |
![]() |
Numerosos
ríos bañan as terras que a conforman, como o Cabe, o Bibei
ou o Navea, que van a parar ó río Sil, afluente principal
do Miño.
|
|
Os
sucalcos, das ladeiras riberás do Miño e do Sil,
forman unha paisaxe, de gran beleza natural, chea de encanto. Verdadeiramente
merecen ser visitados para disfrutar desta paisaxe inolvidable.
|
Agora imos descubrir máis sobre a Ribeira Sacra |
![]() |