Dende a máis remota antigüidade o home cría no
poder das plantas para axudar ós seres humanos. Tal vez, a grande
importancia das herbas na maxia teña que ver coas súas
propiedades como menciñas. É por iso que os remedios naturais
foron dedicados ós deuses e pronto medraron as lendas nas que
tiñan o protagonismo.
Os druidas recollían herbas seguindo un ritual, descalzos, vestidos
con roupas blancas cunha fouce douro.
Xa na biblioteca de Asurbanipal, rey de Asiria, existían
250 plantas identificadas coas súas propiedades.
Os exipcios usaban as herbas para embalsamar ós faraóns
e logo facían de pasaporte para unha boa viaxe ó máis
alá.
Os gregos e romanos decoraban altares, levábanas nas vodas para
desexar boa sorte ou nos enterros para asegura-la vida eterna.
Son coñecidas as obras de Aristóteles, Teofrasto, Hipócrates...
nas que se fala das propiedades medicinais das plantas. Pero foi Dioscórides
(ano 77 d. de Cristo) que fixo fincapé na dobre función
das plantas, na maxia e na medicina. É deste autor, da súa
Materia Médica, e das súas adaptacións e revisións,
do que imos tomar moitas das informacións que ides ver nestas
páxinas.