![]() |
Carballo (Quercus robur) |
É unha árbore máxica e lexendaria nas tradicións europeas. A máis grande, a máis forte, a árbore dos deuses. Era a árbore preferida de Zeus. Plinio di que os carballos precederon ós homes na creación. Segundo os celtas tódalas xuntanzas importantes para un pobo, debían ter lugar baixo dun carballo. O culto desta árbore era como o culto ó fogar. Tamén o visco de carballo era recollido cunha grande cerimonia polos druidas, que logo da maceración, repartían esta 'auga lustral' para sanar enfermidades e protexer dos males. Os Quercus son orixinarios de Europa, Asia e norte de África. En Galicia o carballo é o que máis abonda. |
![]() |
Precisan climas cun mínimo de humidade de 600 mm ó ano. Toleran moi mal as secas no verán.Soportan baixas temperaturas e xeadas. Toleran solos pesados e arcillosos, incluso o encharcamento temporal. Precisan luz para un bo crecemento. Son
árbores corpulentas, ata 30 ou 35 metros de alto, grandes diámetros
e copa globosa e non moi densa. As raices son moi penetrantes e profundas. |
|
Son árbores moi lonxevas, 500 ou 600 anos. A madera e dura, elástica e resistente á humidade e podremias. Usáse en ebanistería, tonelería, e construcción naval. Tamén a cortiza foi moi usada para curtido das peles. Non son árbores moi plantadas polo que tardan en medrar. Tan só na rexeneración natural de espacios que a protexer. É unha árbore caducifolia, de cortiza pardo grisacea que acada por abrir e oscurecer cos anos. |
![]() |
![]() |
As
follas son alternas lobuladas, oblongas, con peciolo curto, simples.
Verde oscuras pola faz e máis claras polo envés. Os amentos
masculinos teñen de 5 a 13 cm de lonxitude e as flores femininas
son pedunculadas. As flores son unisexuais e monoicas (masculinas e
femininas no mesmo pé). As masculinas en cadeas colgantes e as
femininas sentadas con longos pedúnculos. Florece, ó tempo
que saen as follas, na primavera.
|
|
Os froitos (landras) son aquenios protexidos por unha cúpula de escamas planas. O conxunto recibe o nome de glande. A rexeneración das carballeiras é moi boa por semente. As landras xermolan a pouco que teñan a temperatura axeitada e humidade para facelo. |
![]() |
![]() |
Un insecto fai a posta dos ovos no carballo e causa o nacemento dunhas excrecencias chamadas bugallos. Estas teñen moita concentración de taninos, máis que a cortiza, polo que, reducidas a po, teñen aplicacións para combati-las hemorraxias e diarreas. |
|
A cortiza tamén é utilizada polo contido en taninos. Dióscorides cita xa estas propiedades, así como a de combati-los velenos das mordeduras de animais. Na estomatite e farinxite úsase o carballo para facer gargarismos. Nas aplicacións externas son moi importante-las propiedades curativas nos eccemas e queimaduras, tamén nas úlceras ou chagas.
|
![]() |
![]() |
![]() |
Aquí temos un carballo moi novo e outro coas fermosas cores das follas no outono. Di unha crenza popular que si as follas tardan en caer ó chan é que o inverno vai ser duro. |
|
E para rematar unha adiviña: ¿Que é, que é, alto está, alto mora, ten coroa como a Señora? |
![]() |