![]() |
![]() |
|
Outubro
|
|
Benvidos a esta primeira edición na rede do 'Besbello.Net' a que vai se-la voz, das actividades, do Grupo Voz Natura do Colexio. Aquí poderás atopa-las novas que se produzan e que teñan relación co Medio Ambiente. As felicitacións e denuncias dos feitos, respectuosos ou non coa Natureza, os traballos dos compañeiros, as peticións de axuda para unha acción concreta... Contamos con tod@s para que o noso Colexio sexa un exemplo de civismo, respecto e coidado do entorno, e que isto sexa un motivo máis de orgullo. |
Imos propoñervos tamén unha acción que está a levar a cabo o grupo Greenpeace en todo o mundo, para defender os bosques primarios. Atoparedes información, de como facelo, na páxina: JAB's
Moi Ben Aquí imos poñe-las fotografías e textos de feitos que sexan un bo exemplo no respecto á Natureza.
O Concello de Oleiros ten este sinal que advirte do paso de peóns e patos, para que sexan respectado-los seus dereitos.
Un bo exemplo de amizade. Bess explora un novo territorio baixo a mirada atenta do seu novo amigo. Tamén imos denuncia-lo que está mal. Moi Mal
¿Sabedes o tempo que tarda en descompoñerse unha lata de aluminio? Non se descompón. Non se vai incorporar á terra por moitos anos que permaneza no chan.
É moi triste atopar unha fermosa árbore coma esta cos destrozos feitos por alguén que non sabía os beneficios que nos están a facer.
"Convertid un árbol en leña y podrá arder para vosotros; pero ya no producirá flores ni frutos" Rabindranath Tagore |
Por
un colexio máis "verde"
|
![]() |
|
Coas
primeiras chuvias chegaron os cogomelos ós nosos campos.
Aquí tedes o traballo de Guillermo, de 5ºB, que
ademais de achegarse ós montes cos ollos moi abertos,
quere compartir con todos os seus achados. É unha fantástica
mostra do que podedes atopar moi perto da cidade.
|
|
"Redondiño, redondiño como un pé dun borriquiño, tantas folliñas ten, que non llas conta ninguén" |
|
Outra
vista deste fantástico traballo, que ademais dos cogomelos
recrea a flora onde foron atopados e di os que son velenosos.
|
![]() |
![]() |
Comenzamos
nosas actividades cunha carta ós responsabeis do mantenmento
do xardín do Colexio, xa tivemo-la visita dos xardineiros,
prometeron da-lo tratamento ás árbores afectadas
polas cochinillas, pulgóns e fungos.
|
Se tedes algunha 'receita' da avoa e queredes compartila connosco...
![]() |
![]() |
Uns exemplos dos ataques de enfermidades e plagas no xardín do Colexio.
|
Sabemos
que a contaminación, os fumes das calefaccións e
dos coches, nesta zona, non son o mellor para a boa saúde
das árbores, pero aínda así pensamos que
poderían estar moito mellor. Queremos recupera-las nosas
árbores.
|
![]() |
Os
días pasan e o tempo de plantar os bulbos achégase. Fixemos
averigüacións sobre tratamentos ecolóxicos para os
nosos problemas. Así atopamos que imos utiliza-la nicotina do
tabaco para desfacernos dos pulgóns. A receita é moi sinxela:
basta deixar tres cigarros nun litro de auga. Logo pulverizamo-las plantas.
O fungo Negrilla é típico das plantas atacadas con pulgóns. É o líquido doce que estes producen o que serve para que se instale o fungo. Cando os pulgóns desaparezan tamén o farán estes fungos.
As cochinillas son un pouco máis resistentes, pero cun pouco de paciencia, un pincel e aceite, imos "pintar" tódalas follas e ponlas das árbores. Xa vos contaremo-los resultados.
![]() |
Tamén
é tempo dos resfríos e queremos compartir con vós
a nosa planta especial para esta época, é a Echinacea.
Parece que aumenta as defensas do organismo para loitar contra
as enfermidades.
|
|
Esta
é a Echinacea purpurea, unha das especies
que posuen estas propiedades.
|
![]() |
|
Tamén a forma de talla-la cabaza, coma unha caveira, lembra que os celtas usaban as dos inimigos para protexe-la aldea de novas agresións. E que as caveiras posuían a maxia das pantasmas que vivían nelas. A festa do Samaín (o Halloween dos anglosaxóns) ten polo tanto a mesma orixe, aínda que eles souberon espallala e agora é a que máis se coñece. |

|
¡Ata
o mes de novembro!
|