Frei Martín Sarmiento 1695 - 1772

Naceu en 1695 en Villafranca del Bierzo (León). A familia trasladouse a Pontevedra onde pasará a súa infancia. En 1710 foi a Madrid a face-lo noviciado na Orde Benedictina e profesou no ano 1711. Estudiou Artes, Filosofía e Teoloxía.

Emprendeu unha viaxe por Galicia e Asturias, da que queda constancia escrita. En Asturias coñece a Feijoo con quen traba unha boa amizade.

Traballou en Toledo nos arquivos da Catedral. Destes primeiros anos destacan: Demostración crítico-apologética del Theatro Crítico Universal e Reflexións literarias para unha Biblioteca Real (por encargo de Felipe V).

En 1745 tivo ocasión de viaxar a Galicia levando un libro de botánica, Historia das plantas de Europa, para identificalas. O ano 1751 é unha data que marca o nacemento da súa preocupación de naturalista e botanista, que reflexará nos Pensamentos Crítico-Botánicos e outras moitas obras. A instancias súas creouse o Real Xardín Botánico.

Escribiu en galego unha conversa versificada Coplas de Perucho e Maruxa, que firmou co nome de Marcos da Portela (que logo será o nome do primeiro xornal en galego). Coloquio de 24 galegos (narra algúns feitos con fidelidade histórica e explica as voces recollidas). Catálogo de voces vulgares e Catálogo de voces vulgares y frases de la lengua gallega, son recopilacións de materiais lingüísticos cando aínda estaba lonxe a elaboración dun Diccionario galego.

É de destacar a súa defensa do galego na escola, nos xuzgados e nas igrexas, nunha época na que a língua galega era desprestixiada e afogada polo centralismo.

Faleceu en Madrid no ano 1772, foi un exemplo de home ilustrado, abarcou tódolos campos do saber: Xeografía, Historia, Arte, Literatura, Matemáticas... foi un grande defensor das ciencias, loitador pola causa das bibliotecas públicas, os xardíns botánicos e as cátedras Universitarias de Historia Natural, Agricultura e Botánica.

Ano 2003