|
A
Sega
|
|
Aló polo mes de Santiago, na aldea galega, procedíase á seitura do centeo e mailo trigo. A xente da aldea xuntábase para facer este labor, facían turnos nas distintas leiras e convertían este traballo nun motivo de reunión e encontro das familias e veciños. |
|
Empregábanse
na sega fouciñas que agarran coa man dereita, mentres que coa esquerda
van facendo os mangados que se colocan nun feixe, mollo, atado cun vincallo.
|
![]() |
![]() |
A
seitura comeza moi de mañá, ó sai-lo sol, e dura
todo o día. No mes de agosto aproveitase a luz da lúa para
completa-lo traballo.
|
|
![]() |
![]() |
Os
rapaces son os encargados de trae-la comida e maila bebida para que os
segadores poidan refrescarse da calor do sol e repoñerse do cansancio
do duro traballo.
|
|
Comen
na mesma leira, almorzo, xantar e cea. Ó remata-la faena contan
historias e contos, sentados no chan ó redor da comida (carne de
porco, queixo, chourizos, etc...). Colócase nun leito de palla
cuberto cun mantel.
|
![]() |
![]() |
|
![]() |
|
Os
mollos vanse xuntando, arrimados uns ós outros.
|
![]() |
Ó
remata-la sega da leira, lévanse a eira, case sempre en carros
tirados por unha ou dúas xuntas de vacas.
|
|
Alí
farán a meda para o que se bota unha manta vella no chan, sobre
a que se van colocando os mollos de forma radial e coas espigas cara dentro.
|
![]() |
![]() |
Colocánse
en círculos uns sobre os outros e, como as espigas abultan máis
que a palla, a morea vai collendo unha forma cónica co centro máis
elevado que as beiras.
|
|
Unha
vez rematada a meda, e para que o vento non a desfaga, átase na
cabeza con aros feitos co colmo torcido e suxeitos con paos chantados
nos mollos da cuberta. Incluso ás veces adórnase cunha cruz
feita de palla ou cun ramallo.
|
|
Non é doado face-la meda, ten que quedar moi compacta e segura, ademáis de ben aplomada e coa palla rasa, para o que se usan táboas coas que se vai batendo ó redor. |
![]() |
Un pouco de historia...No S.XIX e principios do XX, as xentes da aldea, a consecuencia da miseria e falta de medios, tiñan que buscar traballo noutras rexións e, con motivo da seitura, xuntábanse en cuadrillas para ir segar ás terras de Castela. Marchaban todos xuntos, en grupos de doce e liderados por un maioral que era o encargado de busca-lo traballo e reuni-lo grupo; traballaban a destallo, durmindo nos mesmos campos e sempre xuntos ata remata-la faena. A un destallo seguía outro e así ata o momento da volta a casa, o que facían do mesmo xeito que á ida.Rosalía de Castro tenlle adicado a tantos homes e mulleres, que foron segar a Castela, o poema "Castellanos de Castilla", recollido na súa obra "Cantares Gallegos". |
![]() |
"Castellanos de Castilla, tratade ben ós gallegos; cando van, van como rosas; cando vén, vén como negros..."
|