![]() |
|
A
videira é un arbusto que se atopa na Península desde hai
moito tempo, xa os romanos a extenderon por todo o Imperio.
|
![]() |
En
Galicia acadou o seu apoxeo cando os mosteiros tiveron a súa maior
relevancia. As ladeiras do val do Miño e do Canón do Sil
teñen unhas condicións inmellorables para o cultivo das
vides.
|
|
O viño foi a base da economía, desta zona, no século XIX. Co paso dos anos xorden distintas clases de cepas, como a garnacha, godello, xerez, alicante, mencía... que dan lugar a esa grande riqueza e variedade de viños que temos. |
|
Cando a terra é chaira, abrénse nela unhas zanxas fondas, esto chámase desfondar. Se o terreo é encostado, fanse escalóns con pequenos muretes e escaleiras para pasar duns ós outros. Son os sucalcos ou arribadas. Este é o caso destes montes que encaixan o Miño e o Sil; |
|
están
cheos de pequenas plataformas desde a base ó cume. Nestas medran
milleiros de cepas, e como dicía o noso guía, José
Manuel Prieto, e unha paisaxe impresionante.
|
![]() |
|
Prántanse as cepas novas, que se obteñen dos sarmentos da última poda. cada cepa empeza a produci-lo fruto ós dous ou tres anos de prantala. Pasados uns días e de cando en vez, dáselle unha cava co sacho e estercase, enterrando ademais toxos secos e follas. Hai moitos anos, arabase a terra coas vacas. |
![]() |
A
finais de outono faise a poda
para corta-las varas que lle sobran.
As cepas pódense dispoñer de tres maneiras:
|
|
![]() |
|
Na primavera despuntan as primeiras follas e con elas os novos coidados. Para combati-la peste, como o mildeu, e oidio emprégase o xofre (sulfato de cobre, na práctica), que se aplica coa sulfatadora. Estes tratamentos serven tamén para a loita contra os ácaros ou as chinches. |
|
Sobre o mes de maio coménzase e repetirase tres ou catro veces máis adiante. No verán hai que estrar con toxo ou herba seca, que se coloca por debaixo das videiras, coa finalidade de nutri-la terra e garda-la humidade. |
![]() |
![]() |
A
esfolla das videiras por baixo, faise para que "corra o aire"
e a uva queda así protexida das posibles xeadas tardías,
pero tamén para que o sol chegue ata os acios no seu proceso de
maduración.
|
Agora vai comproba-lo aprendido
|