o colexio   actividades
 
servizos
 
información
 
enlaces   taboleiro
   información
 
 

secretaría

titorías

horarios

calendario

libros de texto

apa

consello escolar



 
proceso de admisión de alumnado para o curso 2010-2011

 

 

 


viñeta Zona Educativa do colexio
viñeta Oferta de prazas dispoñibles
viñeta Información
viñeta Advertencias e salvidades legais
viñeta Calendario do proceso de admisión
viñeta Descargas

 

  OFERTA DE PRAZAS DISPOÑIBLES PARA O CURSO 2010-2011
   
     
    Educación Infantil    
         
    3 anos 50  (6 delas reservadas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo)
    4 anos 2  
    5 anos 0  
         
    Educación Primaria    
         
    0  
    2  
    5  
    8  
    5  
    4  
       
    INFORMACIÓN

 

     
  A solicitude de posto escolar será única e presentarase no centro no que o/a solicitante pretende ser admitido/a.

Este impreso será facilitado gratuitamente na conserxería do colexio ou pode descargarse na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xunto coa solicitude os interesados e interesadas presentarán a documentación acreditativa do requisito de idade e de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa.
 

  Naqueles centros e para as ensinanzas nas que exista máis demanda que oferta de postos escolares, as direccións dos centros abrirán un prazo
para que os pais, nais ou titores legais do alumnado presenten a documentación xustificativa dos méritos por eles alegados para a aplicación dos criterios de admisión do alumnado.
   
  Cada solicitante presentará unha única solicitude, dirixida á dirección do centro. A solicitude presentarase no centro que se solicita en primeiro lugar. Na mesma poderán relacionarse ata seis centros, por orde de preferencia, que serán considerados posteriormente, no caso de que o interesado ou interesada non se admita no centro ao que vai dirixida a solicitude.

 

  Na mesma solicitude os pais, nais ou titores legais deberán manifestar se desexan ou non utilizar o servizo complementario de comedor.
  Os interesados e interesadas, entregada a solicitude, terán dereito a que se lles expida unha copia ou resgardo, con data e selo, que acredite a súa petición.

 

  Na solicitude os pais, nais ou titores legais deberán manifestar se optan a unha praza para alumnado con necesidades educativas específicas, achegando, se fora o caso, a documentación que acredite as circunstancias alegadas. Achegarase, se fose o caso, a documentación que acredite as circunstancias que fundamentan esta petición, derivada de discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación intelectual ou de trastornos graves da conduta.
No caso de alegar situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais achegarán informe dos servizos
sociais oficiais competentes que acrediten as circunstancias alegadas.
 
  O solicitante poderá demandar que se teña en conta o domicilio familiar ou o lugar de traballo e non serán acumulables as puntuacións polos dous criterios.
 
  Para a consideración de irmáns matriculados no centro, só se terán en conta os que vaian a continuar escolarizados neste durante o curso escolar para o que se solicita a admisión.
 
  Para a consideración de pais, nais ou titores legais que traballen no centro, teranse en conta aqueles que no prazo de solicitude de admisión teñan unha relación laboral ou funcionarial no dito centro e que esta vaia continuar durante o curso escolar para o que se solicita a admisión.
A valoración por ser traballador ou traballadora do propio centro non será acumulable no suposto de que ambos os dous pais ou titores legais traballen no mesmo centro.
 
  Considérase como domicilio familiar ou habitual de residencia do pai, nai ou titores legais do alumnado ou, se é o caso, o dos alumnos e alumnas maiores de idade ou menores emancipados se viven en domicilios distintos dos daqueles e, excepcionalmente, o daqueles familiares cos que o menor efectivamente conviva, sempre que esa convivencia real se probe mediante certificación específica expedida, para tales efectos, polo Concello. Cando o pai, nai ou titores legais vivan en domicilios diferentes, considerarase como domicilio familiar o daquel que teña a garda e custodia legalmente atribuída por sentenza firme, por convenio regulador ou por acollemento familiar preadoptivo.
 
  Para a valoración da renda da unidade familiar, os interesados deberán facer constar na solicitude a suma da base liquidable de todos os declarantes da unidade familiar, unha vez reducidos os seguintes mínimos: mínimo persoal e familiar, mínimo do contribuínte, mínimo por descendentes, mínimo por ascendentes e mínimo por discapacidade, correspondente ao exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural en que se presenta a solicitude.
 

 

 
    Táboa de valoracións
    Existencia de irmáns no centro

 

 

Por un irmán matriculado no centro

5 puntos

 

    Polo segundo e seguintes irmáns matriculados no centro 2 puntos por cada un
    Por ser traballador do propio centro  
     

5 puntos

    Por proximidade do domicilio familiar ao centro  
    Se o domicilio familiar se encontra na área de influencia do centro 5 puntos
    Se o domicilio familiar se encontra nas áreas limítrofes á área de influencia do centro 2 puntos
    Se o domicilio familiar se encontra noutras áreas 0 puntos
    Pola proximidade do lugar de traballo ao centro  
    Lugar de traballo do pai, nai ou titor legal, situado dentro da área de influencia do centro 3 puntos
    Lugar de traballo do pai, nai ou titor legal, situado nas áreas limítrofes á área de influencia do centro 1 punto
    Lugar de traballo do pai, nai ou titor legal, situado noutras áreas 0 puntos
    Por pertencer a unha familia numerosa  
      1 punto
    Pola renda anual da unidade familiar  
    Ingresos iguais ou inferiores ao indicador público de renda de efectos múltiples 3 puntos
    Ingresos superiores ao indicador público de renda de efectos múltiples e inferiores ao duplo do devandito indicador 2 puntos
    Ingresos superiores ao duplo do indicador público de renda de efectos múltiples e inferiores ao triplo do dito indicador 1 punto
    Ingresos iguais ou superiores ao triplo do indicador público de renda de efectos múltiples 0 puntos
    Por discapacidade  
    Do alumno ou alumna 3 puntos
    Da nai, pai ou titor legal 2 puntos por cada un deles
    Nalgún dos irmáns ou irmás do alumno ou alumna 1 punto por cada un deles
       

 

 

 

Advertencias e salvidades legais

arriba

1   En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmanse aos interesados e interesadas do que segue:
    a) A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá gravar e procesar parte ou a totalidade da información aquí achegada mediante os sistemas e procesos informáticos que estime oportunos, coa única finalidade de resolver a admisión de alumnos/as en centros docentes sostidos con fondos públicos.
b) Toda aquela información que se solicite e non sexa debidamente acreditada implicará unha puntuación de cero no punto correspondente da valoración.
c) De acordo co establecido nos artigos 15 e 16 da Lei orgánica 15/1999, os interesados poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación e cancelación no momento que o estimen oportuno, mediante escrito dirixido ao director ou directora —titular, no caso dos centros privados concertados— do centro no que se formalizou a instancia de admisión da praza.
2   En virtude do establecido no artigo 10 da Lei orgánica 15/1999, contemplado no artigo 22.7 da Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo da educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos, establécese que cantos interveñan en calquera das fases do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos están obrigados ao segredo profesional respecto deste, obrigación que subsistirán aínda despois de finalizado o proceso.
3   Os interesados e interesadas autorizan a cesión de cantos datos se solicitan nesta solicitude, así como da documentación achegada que acompaña esta solicitude, ao Consello Escolar do centro e, se é o caso, á Comisión de Escolarización ou á Inspección Educativa, para os efectos previstos no capítulo V, da Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo da educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos, de acordo co recollido no artigo 11 da Lei orgánica 15/1999.

 

Calendario do proceso de admisión

arriba

 

1 de marzo  
viñeta Publicación da oferta de prazas escolares dispoñibles.

1 de marzo ao 6 de abril:  
viñeta Presentación de solicitudes de admisión.

 

1 ao 20 de abril  
viñeta Presentación da documentación acreditativa dos criterios de admisión.
antes do 30 de abril:  
viñeta Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.
viñeta Todas as solicitudes que no sexan admitidas, as solicitudes fora de prazo e as solicitudes duplicadas son remitidas á Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
   
20 ao 30 de xuño:  
viñeta Formalización da matrícula na secretaría do colexio.
   
No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo establecido, ha de realizarse na Inspección de Educación Primaria, na Delegación Provincial da Consellería de Educación (Edificio Administrativo de Monelos. Avda. Salvador de Madariaga, s/n – 7º andar, A Coruña

 

 

 Descargas

arriba

 
Decreto 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
     
Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos
   
Documento para solicitude de admisión
   
Guía de admisión de alumno/as  editada polo Concello de Culleredo
   
 

 

© 2010 CEIP Sofía Casanova . Vilaboa . Culleredo