o colexio   actividades
 
servizos
 
información
 
enlaces   taboleiro
   información
 
 

secretaría

titorías

horarios

calendario

libros de texto

apa

consello escolar



 
libros de texto e material escolar

 

Información da Consellería de Educación aos centros educativos das novidades no programa de libros de texto para o vindeiro curso escolar

 

Libros de Texto para o curso 2009-2010

Educación Infantil

1º Ciclo de Primaria 2º Ciclo de Primaria 3º Ciclo de Primaria
 

Nota: Como medida de precaución ante calquera erro, non forre nin poña o nome en ningún libro ata que sexa comprobado no colexio que son os correctos

 

 

Gratuidade dos Libros de Texto

A nosa escola forma parte desde o curso 2003-2004 do proxecto de gratuidade de libros de texto da Consellería de Educación.

Na actualidade, despois da ampliación da gratuidade establecida na Orde de 15 de setembro de 2005, son gratuitos os libros de texto de todo o alumnado de Educación Primaria.

No seo do Consello Escolar existe unha comisión de seguemento integrada polo/a Director/a, 2 representantes do sector de Pais e Nais do Alumnado e 2 representantes do Profesorado.

Dita comisión, tras valorar o estado dos libros utilizados cada curso, establece se houbese que pagar desperfectos, comunicándollo ós pais e nais afectados. O deterioro intencionado ou o extravío implica pagalos.

 

Material escolar

Educación Primaria

A principio de curso cada profesor/a indicará ao alumnado que materiais son necesarios.

Educación Infantil

Como en anos anteriores, no mes de setembro, a maioría dos pais e nais acordan, na primeira reunión xeral, comprar o material que figura nesta lista cun fondo común. Poden pedir máis información sobre o mesmo  ou esperar a setembro.

Só no caso de aquelas familias que non queiran participar deste fondo común, deberán traer o seguinte material ao comezo do curso:

  • Unha caixa de Ceras Manley de 24 cores
  • Jovi color de 24 cores
  • Plastidecor de 24 cores
  • Rotuladores Staedtler de 24 cores
  • Dous tacos grandes de plastilina
  • Un paquete de barro
  • Unha agulla de lá de punta roma
  • Dous pinceis (un do nº 6 e outro do nº 12)
  • Unha goma
  • Un afialapis
  • Un punzón de madeira e unha alfombriña para picar
  • Unha tesoira infantil Kaicut Stainless
  • Dous lapis do nº 2 noris de Staedtler
  • Dúas barras de pegamento Pritt, grandes
  • Un paquete de “gomets” (figuras xeométricas das catro formas, das catro cores fundamentais e en tamaño grande e pequeno que son adhesivas).
  • Unha caixa de botes pequenos-surtidos de témpera Jovi
  • Un bote de alkil pequeno
  • Unha carpeta de gomas, grande
  • Carpetas surtidas de: Papel charol
  • Cartolinas
  • Papel celofán

 

© 2009 CEIP Sofía Casanova . Vilaboa . Culleredo