| Son competencia do departamento de
orientación dos colexios de educación infantil e primaria e de
educación primaria as funcións seguintes:
a) Valorar as necesidades educativas, no ámbito da orientación dos
alumnos e alumnas do seu contorno e deseñar, desenvolver e avaliar
programas específicos de intervención.
b) De acordo coas directrices establecidas no plan de orientación
deseñado conforme o que establece no artigo 13º da presente Orde e da
comisión de coordinación pedagóxica do centro, elaborar
as propostas
do plan de orientación académica e de madureza vocacional e do plan de
acción titorial, incidindo no desenvolvemento persoal, social e
cognitivo do alumnado e ofrecerlle ó profesorado o soporte técnico
para o desenvolvemento deste plan.
c) Participar na elaboración, seguimento e avaliación dos proxectos
educativo e curricular do centro, incidindo nos criterios de carácter
organizativo e pedagóxico para a atención á diversidade do alumnado e
nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación
dos criterios de promoción.
d) Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de
dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe
derivadas tanto de condicións desfavorables como de sobredotación que
presenten os alumnos e alumnas.
e) Participar na avaliación psicopedagóxica conforme á normativa ó
respecto e participar no deseño e desenvolvemento de medidas de
atención á diversidade.
f) Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e o asesoramento
necesarios para que o alumnado poida enfrontar adecuadamente os
momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade, como o
ingreso no centro, o cambio de ciclo ou etapa ou a resolución de
conflictos de relación interpersoal.
g) Impulsar a participación do profesorado en programas de
investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a hábitos
de traballo intelectual, programas de ensinar a pensar, habilidades
sociais, técnicas de dinámica de grupos ou en calquera outros
relacionados co seu ámbito de actuación.
h) Cooperar cos membros dos equipos de orientación específicos no
deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de intervención.
i) Co obxecto de potenciar estratexias de actuación conxuntas,
promover a cooperación entre o centro e as familias implicándoas no
proceso educativo dos seus fillos: estimulación da motivación e
intereses, adquisición de hábitos de hixiene e de autonomía;
desenvolvemento motriz e da linguaxe; relacións interpersoais e
aqueloutros aspectos que favorezan o desenvolvemento evolutivo do
alumnado.
l) Establecer canles de comunicación cos diferentes servicios ou
institucións no ámbito das súas competencias.
m) Aqueloutras que a Administración educativa lle puidese
encomendar no ámbito das súas funcións.
|