o colexio   actividades
 
servizos
 
información
 
enlaces   taboleiro
   o colexio
 
 
   
educación infantil

volver

información para pais e nais  

Horarios e calendario escolar

*Como sabedes, o alumnado de Educación Infantil teñen o mesmo horario e calendario escolar que os alumnos maiores do colexio.

O horarios é de 9,00 a 14,00 .

En canto ao calendario escolar é o oficial da Consellería de Educación e está exposto no taboleiro de anuncios do Colexio (podes consultalo aquí).

Ademais disto, existen algunhas cousas que debedes saber:

Pretendemos que todoo alumnado que entra no Colexio por primeira vez, sigan un Programa de Incorporación á Escola polo que é normal que empecen uns días máis tarde do día de comezo oficial das clases.

Aparte disto é importante que comprendades que para unha correcta marcha escolar dos vosos fillos é necesaria unha asistencia regular á escola. É dicir, que convén que non os deixedes na casa se non é realmente por un motivo xustificado (enfermidade...).

Para iso é indispensable que os nenos e nenas sigan un horario de sono e comidas que non lle faga quedarse durmidos polas mañás ou acudir á escola sen almorzar.

Os recreos, durante a Educación Infantil teñen unha maior duración que en Etapas posteriores.

 

© 2008 CEIP Sofía Casanova . Vilaboa . Culleredo