|
|
|
|
educación infantil |
volver |
|
información para pais e nais |
|
En caso de
enfermidade
A nosa escola reúne unhas
condicións suficientes (calefacción...) para que os nenos e
nenas acudan a ela mesmo nos días de máis frío sen que isto sexa
un risco para a súa saúde, polo que mesmo aínda que estean algo
acatarrados poden acudir á clase sempre e cando os abriguedes
adecuadamente (ver apartado relativo á roupa).
Non obstante, existen condicións
nas que deberedes deixar ó neno na casa sen vir á escola:
Sempre que o neno ou nena teña
febre, ou decaemento xeral ou dor, pois nestes casos o pequeno
non se sentirá ben dentro da aula e o máis probable é que o
teñades que vir buscar para levar de volta á casa.
- Se ten diarrea ou vómitos.
- Se ten unha enfermidade
contaxiosa (papeiras, varicela,escarlatina...)
- Se ten piollos, ata que
llos eliminedes.
No caso que o voso fillo ou
filla falte por estar enfermo, non é necesario que avisedes á
mestra da súa falta se se trata dun caso de catarro, gripe ou
calquera outra doenza infantil habitual, pero si é importante
que nos avisedes nos casos seguintes:
- En caso dunha enfermidade
contaxiosa sobre todo se esta é de importancia.
- No caso de que se trate
dunha enfermidade que lle impida asistir á escola durante un
período longo (quince días ou máis).
Así mesmo é importante que nos
comuniquedes se ten que seguir algún tratamento, precaución ou
medida especial, se ten algún tipo de alerxia, etc.