|
|
|
|
educación infantil |
volver |
|
información para pais e nais |
|
Sobre a roupa
Os nenos e nenas deben vir ao
cole con roupa cómoda que lles permita moverse con facilidade e
acudir ao servizo por si sos.
Debedes evitar polo tanto o uso
de pantalóns de peto ou que teñan botóns difíciles de desabotoar
e abotoar. Así como, no caso das nenas, vestidos que lles
dificulten actividades como dar pinchacarneiros...
A roupa máis adecuada polo tanto
son os chándales ou roupa similar.
No tempo de inverno non
abriguedes excesivamente aos pequenos. Dentro das aulas non vai
frío e o que si deben traer é un anorak ou abrigo que os protexa
durante o recreo.
Tamén son convenientes neste
tempo o uso de gorros e bufandas.
En canto aos mandilóns,
estes non son obrigatorios como uniforme pero si que os deben
usar como roupa de traballo para evitar mancharse cando usamos
ceras, pinturas de dedo ou témperas, barro, etc. Podedes mercar
ou facer o mandilón da cor e maneira que queirades pero tendo en
conta que:
- Deben ser abotoados por
diante.
- Non deben ser moi longos
(que non pasen abaixo dos xeonllos).
- Debe te-lo puño da manga
con goma, para poder remangalo.
Recomendámosvos especialmente
que intentedes evitar etiquetar ós vosos fillos con cores de
neno e cores de nena.
Por último, tede en conta que
tanto os abrigos como os mandilóns deben traer unha cinta ou
goma para podelos colgar nas perchas sen que caian ó chan, e que
tamén deben traer o nome do/a neno/a marcado.