|
|
|
|
educación infantil |
volver |
|
información para pais e nais |
|
Sobre o material

É importante que os nenos e
nenas se afagan a compartir, polo que o material será común para
tódolos nenos da aula.
Debido a que o presuposto do
colexio non nos permite mercar todo o material necesario, é
preciso que participedes vós na compra do material funxible que
utilizan os vosos fillos (lapis, ceras, ...).
A maneira en que se vén facendo
isto é mediante un fondo común ao que cada familia aporta
voluntariamente unha cantidade coa que se merca o material
necesario para as aulas.
A xestión deste fondo, polo
tanto, corre a cargo dos propios pais e nais. Co diñeiro deste
fondo, tamén se vén comprando a merenda que se toma a media mañá.