o colexio   actividades
 
servizos
 
información
 
enlaces   taboleiro
   o colexio
 
 
   
educación infantil

volver

información para pais e nais

 

A merenda a media mañá.

É costume que os escolares, sobre todo nos colexios que teñen xornada continuada de mañá, tomen algunha pequena merenda a media mañá (unhas galletas, unha froita...).

No noso caso, aproveitamos este feito para que ó seu valor alimenticio se una tamén o educativo.

Para isto, a merenda de media mañá organizámola tomando leite, galletas, cereais, froita, etc. e cada día os nenos e nenas encárganse de poñe-la mesa e repartir esta merenda.

Cremos que esta é unha actividade que potencia moitos puntos importantes da etapa de Educación Infantil como son as actitudes de compartir, e descubrir novos alimentos; as habilidades e destrezas de servir (sen derramar) e repartir (de tres en tres, etc).

Ademais disto, favorécese o habito de merendar alimentos saudables en vez do costume, cada vez máis extendido entre os nenos e nenas, de tomar comida basura

Por estas razóns, os alumnos de Educación Infantil non deben traer da casa ningunha merenda nin chucherías.

 

© 2008 CEIP Sofía Casanova . Vilaboa . Culleredo