o colexio   actividades
 
servizos
 
información
 
enlaces   taboleiro
   o colexio
 
 
   
educación infantil

volver

información para pais e nais

 

Saídas e excursións.

As saídas escolares teñen moita importancia dentro do noso traballo educativo pois representan unha fonte de experiencias sobre o medio que rodea ó neno e unha ventá a lugares que non coñecía.

Durante a etapa de Educación Infantil fanse distintos tipos de saídas:

  • Polos arredores do colexio, para observar as árbores, apañar castañas e follas, etc.
  • A distintos lugares de interés, aos que acudimos en autobús, ou se é posible nalgún outro medio de transporte (o teatro, unha granxa-escola,...).

É moi importante que todos os nenos e nenas asistan a estas saídas, pois xenéranse antes e despois, moitas actividades na aula tendo como base o visto e vivido nelas.

Se a excursión dura ata a tarde, debedes prepararlles aos pequenos un xantar apropiado: bocadillos ou sandwich, froita e bebida e envases que non sexan de vidro.

Por último, sabede que para participar nas saídas que se fagan necesitamos contar coa vosa autorización por escrito. Para isto, deberedes cubrir a autorización que a principio de curso se vos entrega e que abrangue tódalas saídas que se fagan ao longo do curso.

Se non a tedes cuberta, podedes pedila en conserxería ou ben descargala desde a sección de secretaría deste sitio web.

En todo caso e para informarvos do contido de cada saída, mandarémosvos unha folla informativa antes de cada unha delas.

 

© 2008 CEIP Sofía Casanova . Vilaboa . Culleredo