|
|
|
|
educación infantil |
volver |
|
información para pais e nais |
|
A información
sobre a escola
O equipo docente de Educación
Infantil pensamos que para un mellor funcionamento da nosa
escola, a vosa colaboración e participación é fundamental, para
isto é necesario que esteades ben informados sobre a súa marcha
mediante:
As Reunións Xerais: Son
reunións de tódolos pais e nais dos alumnos de Educación
Infantil e serven para comenta-la marcha xeral do curso. Soe
haber unha a principio de curso.
As Titorías: Son
entrevistas persoais que podedes ter coa profesora do voso fillo
ou filla, para coñece-la súa evolución na escola. Estas
entrevistas poden ser solicitadas polas profesoras, ou ben por
vós sempre que o desexedes. Para estas entrevistas hai un
horario marcado no Centro de atención aos pais e nais, que é
tódolos LUNS de 4 a 5 da tarde. Se a entrevista é pedida por nós
recibiredes, a través do/a voso/a fillo/a, unha nota na que irá
o día. Se tedes algún problema para vir á hora ou día indicados
facédeo constar na mesma nota e indicade outra data ou hora,
atenderémosvos sempre que nos sexa posible. Cando queirades
informarvos ou consultarnos algo relativo ó voso fillo, ou dá-la
vosa opinión sobre calquera asunto da escola non dubidedes en
poñervos en contacto con nós.
Os Folletos e Follas
Informativas: Para informarvos de asuntos de interese (excursións,
actividades das aulas, festas, etc) enviarémosvos polos nenos
follas informativas para que coñezades estes asuntos. Ademais
diso, neste sitio web tamén poderedes atopar información que vos
pode ser útil ó longo do curso.