Mapa Web
 
 
INICIO
 
 

                                  

   

Educación Primaria

Biblioteca

Aula de música

Salón de Actos

Educación Infantil

Asociación de Pais

Conserxe

Sala de Mestres

Dirección

Concello de Muxía

Psicomotricidade

 

     

                                             

 

    Situado no Oeste da provincia da Coruña, o Concello de Muxía  está integrado na Comarca de Fisterra.  Ten unha extensión de 121 Km2 e cunha poboación de 6.200 habitantes distribuída en  14 parroquias: Bardulllas, Buiturón, Caberta, Coucieiro, Frixe, Leis, Moraime, Morquintián, Muxía, Nemiña, A O, Ozón, Touriñán e Vilastose. Os seus límites xeográficos son: Ó norte, a ría de Muxía-Camariñas; ó sur o río Castro; ó leste os concellos de Dumbría e Vimianzo e ó oeste o Océano Atlántico.

      Muxía é un concello costeiro, . A costa vai  do estuario do río Grande da Ponte do Porto e ata a desembocadura do río Castro no extremo sur da praia de Lires. No seu litoral encontramos acantilados e praias, dende moitos dos seus puntos podemos contemplar numerosos horizontes atlánticos; Ramata no Cabo Touriñán, o punto máis occidental de España.

    O clima é suave pola súa situación costeira, cunha  temperatura media entre 13 e 14 graos, e a escasa oscilación térmica, que non chega ós 10 graos entre xaneiro, o mes máis frío, e agosto, o máis caloroso.

  A nivel xeolóxico, os materiais que forman as terras muxianas están constituídos fundamentalmente por rochas graníticas.

      Das festas destaca a festa da Nosa Señora da Barca (primeiro domingo entre o 7 e o 15 de setembro); celébrase dende o século XIV e congrega cada ano a miles de romeiros no seu santuario. A carón do santuario, que mira ó mar, atópanse as famosas "pedra de Abalar" e "pedra dos Cadrís", que segundo a lenda son restos da chegada da Virxe en auxilio do Apóstolo Santiago. En realidade trátase dun antigo lugar de culto megalítico cristianizado. Tampouco podemos olvidar outras festas como  a Nosa Señora do Carme (xulio) e San Isidro en Quintáns (S. Martiño de Ozón), o primeiro domingo de agosto.

       É tradición tamén, coma en toda a ría, a elaboración de encaixes polas "palilleiras".