Dende o Equipo de Normalización do Centro xorde no curso 2000/2001 a necesidade de darlle unha especial celebración ó mes das Nosas Letras. Prantexámo-la idea de levar a cabo, coincidindo coa semana das Letras Galegas, unha serie de obradoiros, encontros con autores e autoras galegas, xogos populares, bailes galegos proxección de películas,... Xorde así a nosa I Semana Cultural, cunha moi boa acollida por parte de toda a comunidade educativa.

     Ano tras ano, gracias á colaboración do profesorado, á participación desinteresada de compañeiros e compañeiras doutros centros, á asistencia de autores e autoras galegos, artesáns, colectivos e asociacións culturais,... seguimos co empeño de espallar e dar a coñecer a nosa cultura popular.