María Mariño Carou naceu en Noia o 8 de xuño de 1907, nunha familia humilde. O pai era zapateiro e a nai xastra. Foi a segunda de 5 irmáns.

     Foi poucos anos á escola, xa que dende moi nova tivo que traballar de costureira, cosendo polas casas. Era unha muller sensible, reservada e solitaria. Fisicamente era guapa e elegante. A súa familia foi a vivir a Boiro, á casa dunha tía que traballaba no Pazo de Goiáns. Alí tivo acceso á biblioteca, onde toma contacto coa literatura. Logo vai a vivir a Biscaia (País Vasco), á casa dunha irmá súa. Volta a Boiro, onde coñece ó seu futuro home.

     Casa na parroquia de Lampón (Boiro) con Roberto Posse Carballido, mestre de profesión, no ano 1939. Vanse a vivir ao País Vasco. Ten un fillo que morre ao pouco de nacer. Este feito, xunto coa morte dos 2 irmáns e da súa nai, fai que María se deprima. Despois dalgúns anos trasládanse a vivir a Arzúa e finalmente á zona do Courel (Lugo). No 1947 fixa definitivamente a residencia en Parada do Courel. Alí coñece ao escritor Uxío Novoneyra. Morre o 19 de maio de 1967.

Ribeiras de mar enxoito!                       Os seráns nas Rías Baixas
Ribeiras de pleamar!                             ollan con luz de aurora,
Quedas, vellas ribeiras,                         ca súa mirada queda,
agardan un mar i outro mar.                 silencio daquela hora.

 OBRA

     Comeza a escribir no ano 1957 (primeiro en castelán e logo en galego).O seu único relato en castelán titúlase “Los años pobres-Memoria de guerra y posguerra-“. No ano 1963 publica o seu primeiro libro, Palabra no Tempo”, con prólogo de Otero Pedrayo. Pouco antes de morrer rematou a súa segunda obra Verba que comeza”. Esta publicarase pasados moitos anos, no 1990.