IMPRIMIR

 

:::CALIDADE EDUCATIVA:::

A MELLORA CONTÍNUA

A REDE G3

A calidade é algo que interesa non so no ámbito social, senón tamén no contexto educativo. Isto non é algo novo se entendémo-la calidade,  entre outras cousas, como un compromiso de mellora continua.

 

No curso 2002-2003 a Rede Galega de Centros de Mellora Continua abría as portas por primeira vez a dous colexios de educación primaria da nosa comunidade autónoma. O CEP Doutor Fleming tentando unha vez máis ir por diante no terreo da innovación educativa aproveitou a oferta e solicitou unha das dúas prazas.

O noso Centro foi aceptado como un dos integrantes da denominada Rede G3:

§         CEP. Doutor Fleming (Vigo-Pontevedra)

§         CRA Nosa Señora do Faro (Ponteceso-A Coruña).

§         IES Ramón María Aller Ulloa (Lalín-Pontevedra).

§         IES Número 1 (Oleiros-A Coruña).

§         IES David Bujan (Cambre-A Coruña).

§         IES Perdouro (Burela-Lugo).

§         IES San Mamede (Maceda-Ourense).

§         IES A Cañiza (Cañiza-Pontevedra).

§         IES Pintor Colmeiro (Silleda-Pontevedra).

§         IES Julio Prieto Nespereira (Ourense-Ourense).

§                               A Rede estaba dirixida polo IES Coroso de Ribeira-A Coruña

CONSTITUCIÓN DO COMITÉ DA CALIDADE

No curso 2002-2003 constitúese no Centro un grupo aberto a todos aqueles mestres que tiveran interés por participar no proxecto.  O grupo denominado "Comité da Calidade" estivo inicialmente constituído por 16 mestres.

 

No curso 2003-2004 o "Comité da Calidade" continúa co seu traballo producíndose altas e baixas no mesmo.

 

No curso 2004-2005 o Comité remata o seu traballo estando constituído nese momento por 25 mestres.

 

Nos seguintes cursos 2005-2006 e 2006-2007 e a totalidade do claustro quen participa no aseguramento do sistema de xestión da calidade implantado no Centro.

O CAMIÑO  DO CERTIFICADO DE CALIDADE

PREMIO ÁS ACTUACIÓN DE CALIDADE NA EDUCACIÓN

No curso 2004-2005 despois dunha auditoría interna, unha visita previa e unha auditoría de certificación, a empresa Aenor concede ó CEP Doutor Fleming un certificado de calidade de acordo coa NORMA UNE-EN ISO 9001:2000.

 

No curso 2005-2006 pasamos con éxito a primeira auditoría de seguimento realizada pola empresa Aenor.

 

No curso 2006-2007 A empresa Aenor volveu ao noso centro para realizar a segunda auditoría de seguimento do noso sistema confirmándonos o bo funcionamento do mesmo no seu informe.

 

 

 

No curso 2004-2005 a Xunta de Galicia convoca os premios ás actuacións de calidade na educación.

 

O CEP Doutor Fleming preséntase á convocatoria co traballo titulado "Acccións de mellora no CEP Doutor Fleming. Subproceso de actividades de aula: Caderno do profesor"  recibindo un premio ás actuacións de calidade na educación.

REDE GALEGA DE CENTROS CERTIFICADOS  DE GALICIA

No curso 2007-2008 a proposta da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, integrámonos na Rede Galega de centros con certificación de calidade.

Nos cursos 2008/09, 2009/10 e no curso actual 2010/11 traballamos, xunto con outros centros certificados,  na posibilidade de dar a coñecer estas sistemáticas.  

 

IDEARIO DO CENTRO

Misión, visión, valores e estratexias do noso centro

Políticas do Centro