|
|
||||
|
:::O CENTRO::: |
||||
|
DATOS
DO CENTRO |
||||
|
Rúa Ourense, 15 36211 Vigo - Pontevedra España |
|
986 415447 |
|
|
|
|
986 413903 |
|
||
|
HORARIOS
DO CENTRO |
|||
|
|
|||
|
AS
CLASES |
A
SECRETARÍA |
O
SERVIZO DE COMEDOR |
O
SERVIZO DE GARDERÍA |
|
§
De setembro
a xuño: de 09:00 h. a 14:00 h |
§
De setembro
a xuño: de 09:00 h. a 14:00 h |
§
De setembro
a xuño: de 14:00 h. a 16:00 h |
De 08:00 h. a
09:00 h. |
|
MISIÓN
DO CENTRO |
|
A
misión do noso Centro é proporcionar ó alumnado unha formación integral e
personalizada, baseada no desenvolvemento
de capacidades, habilidades e valores que lle permitan afrontar diferentes
situacións, fomentando un espírito crítico e responsable, nun clima
de traballo cooperativo e de esforzo persoal que facilite a adaptación á
escola e ó contorno para acadar unha sociedade mellor. |
|
VISIÓN
DO CENTRO |
|
O noso Centro aspira a: §
Converterse en referente
da zona educativa pola optimización dos seus recursos
e instalacións, a boa relación entre os membros que forman a súa comunidade
educativa e a apertura a outros centros e institucións. §
Consolidar
un clima de traballo en equipo, agradable e participativo, onde o profesorado se involucre no bo funcionamento do Centro, nos
procesos de innovación e mellora continua e acade o recoñecemento da
comunidade educativa. §
Que o
alumnado o sinta como seu, cun clima de tolerancia e respecto onde reciba unha formación de calidade que aporte valor á súa
socialización e preparación intelectual cara á integración na sociedade do
futuro. |
|
VALORES-ESTRATEXIAS
QUE POTENCIA O CENTRO |
|
Actuar sepre no círculo de
influencia. Traballar no
círculo de influencia, no marco das posibilidades de actuación propias e non
alleas. Actitude positiva e mellora persoal. Basear a boa marcha
do Centro nas persoas, na súa actitude positiva, na súa disposición a
mellorar persoal e profesionalmente, e no autocontrol. Recoñecemento e asunción de responsabilidades. Confiar nas
persoas, dándolles oportunidades para que podan asumir responsabilidades e
recoñecer o traballo digno de recoñecemento. Propósito de Planificación. Actuar sempre cun
propósito na nosa institución, nos equipos e nas reunións, e traballar cun
plan e un método dende unha visión ou escenario a construír. Traballo en equipo. Traballar con
metodoloxía e disciplina no traballo en equipo, procurando a máxima
participación, contribución, eficacia, satisfacción e rendemento no noso
traballo. Participación e respecto. Procurar crear un clima de participación no Centro baseado no respecto á
pluralidade ideolóxica. para elo é importante buscar as causas dos problemas
e non ós culpables, crear un ambiente de confianza e non de temor. |
Escoitar a voz dos alumnos/as e grupos de interese. Engadir valor ós
destinatarios do noso traballo. considerar as súas opinións e expectativas
para mellorar os nosos procesos de traballo. Relacións gaño - gañas. Colaborar e
compartir o noso coñecemento e optar por alternativas de solución “gaño -
gañas” sempre que sexa posible. Seriedade, orde e limpeza.
Valorar a importancia da
orde e da limpeza en tódalas instalacións do Centro así como a seriedade e o
compromiso na asunción de tarefas.
Escoitar e comunicar.
Escoitar de forma activa
e mellorar a comunicación no noso Centro de xeito que este sexa sentido como
algo propio por todos/as e dar a información necesaria de forma clara.
Orientación a procesos. Adoptar un sistema
de calidade e de xestión por procesos e, tamén, unha cultura de proceso e
maduración fronte ó resultado efémero, e de relación de causalidade entre
procesos e resultados. Cultura de evidencia: Datos e
xestión visual. Traballar con indicadores, baseándonos en evidencias e utilizar
ferramentas que faciliten a xestión visual e a xestión baseada en datos |
|
RESEÑA
HISTÓRICA |
|
Iníciase
o funcionamento do Centro no actual edificio principal, destinado en
principio a pavillón antituberculoso do hospital municipal (hoxe Nicolás
Peña, dependente do Sergas).
O
10 de xaneiro de 1967 ponse en funcionamento como segundo colexio nacional en
Vigo para impartir as disciplinas da ensinanza primaria. Nese momento dispón
de 14 aulas, que a unha media de corenta alumnos por aula dan unha matrícula
aproximada de cincocentos alumnos/as. Unha aula destínase a párvulos, cinco
para nenas e oito para nenos. Esta poboación escolar procedía de diversos
centros: dúas aulas de nenos e outras dúas de nenas de "Freixeiro",
outra de nenas da "Rúa Romil" e as nove
restantes do "grupo escolar do Areal".
No
curso 1968-1969 ponse en funcionamento, a título experimental os cursos
sétimo e oitavo, para o que se amplía o Centro con catro novas unidades
escolares, dúas de nenos e dúas de nenas. Por mor da
falta de espazos e reformas no edificio, no curso 1973-1974 trasládase
provisionalmente o alumnado da segunda etapa (6º, 7º e 8º) ó Colexio Nacional
Chouzo (hoxe CEIP Emilia
Pardo Bazán), dependendo circunstancialmente da dirección do
"Doutor Fleming". En marzo de
1978 é aprobada polo Claustro a construción dunha escola infantil con seis
unidades no edificio "Villa Laura" (hoxe Escola Municipal de
Música) e a elevación dunha altura no edificio principal para a
creación de cinco novas aulas. |
|
|
|
|
|
No curso 1978- Ó longo o
curso 1980- No curso
1990-1991 ofértase o idioma francés (opcional co inglés, que xa se impartía).
No 1992-1993 comeza o proceso de implantación da educación primaria, que
funcional e administrativamente rematará durante
os cursos 1996-1997 e 1997-1998 nos que desaparecen do Centro os cursos de 7º
e 8º de EXB e pasan ó IES do Castro oito profesores do Centro. O 17 de febreiro de 1994 dáse publicidade no DOG ó decreto 27/1994, do 4
de febreiro, de transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia do hospital
Nicolás Peña dependente do Concello de Vigo. Neste
decreto establécese a segregación de
Nos vindeiros cursos as instalacións do Centro sofren un continuo proceso
de transformacións e melloras ata chegar ó 30 de xullo de 2003, no que
aparece o proxecto de construción dun novo edificio que acollerá o ximnasio,
aulas e outras dependencias na así como as reformas das zonas de lecer. No curso 2003-2004 por mor da construción do novo edificio do
Centro, ó alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º é desprazado ó CEIP
Virxe do Rocio mentres que o de 1º e 2º
reciben as clases no aulario. No curso 2004-2005, mais concretamente o 10 de xaneiro de 2005, o
alumnado comeza a usar as novas instalacións do CEP Doutor Fleming. |
|
|
|
|
|