Proceso de admisión de alumnado para o curso 2026/27: OFERTA DE PRAZAS VACANTES (Actualización 3 na ESO)

OFERTA DE PRAZAS VACANTES
[Clique nas imaxes para velas a tamaño 1:1]
ESO
AVISO: EN 1° ESO EN TOTAL SÓ HAI 7 PRAZAS
TENDO PRIORIDADE O ALUMNADO NEAE
BACHARELATO
Ou descargue os documentos en .pdf

ESO: oferta_prazas_vacantes_eso_actuaizacion_3.pdf
BACHARELATO: prazas-vacantes-26-27-bacharelato-actualizado.pdf
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Proceso de admisión de alumnado para o curso 2026/27: DOCUMENTACIÓN E REQUISITOS

SOLICITUDES DE ADMISIÓN
CURSO 2026/2027
PRAZO: do 1 ao 20 de MARZO
DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR Á SOLICITUDE DE ADMISIÓN:
▪ Solicitude asinada por calquera dos/as titulares da patria potestade, descargable dende https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
▪ Anexo bis II asinado pola outra persoa proxenitora, titora ou acolledora.
▪ Fotocopias DNI de todos os membros da unidade familiar.
▪ Copia do libro de familia ou equivalente.
▪ Xustificante de estar matriculado/a actualmente.
DE SER O CASO, A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN:
▪ Volante de empadroamento familiar, con 1 ano de antigüedade. Se a residencia foi inferior a 1 ano deberá achegar ademais a escritura de compra, contrato de alugamento ou o título que lexitima a ocupación da vivenda con 1 ano de antigüedade.
▪ Renda: Debe consignarse a cantidade que figura nas casiñas 435 (base impoñible xeral) e 460 (base impoñible do aforro) do ano 2024. De non autorizar a consulta deberá presentar fotocopia desta.
▪ O alumnado que solicite praza para 1º BACHARELATO deberá presentar o certificado de notas de 3º ESO.
▪ Se solicita unha praza NEAE: Documentación xustificativa.
▪ Por condición de familia numerosa: Copia do do libro de familia numerosa.
▪ Por discapacidade: Certificado de discapacidade, só si é de fora da Comunidade Automómica Galega
▪ No caso de familia monoparental: Fotocopia do documento acreditativo.
▪ No caso de familias separadas: Sentenza do divorcio ( só a folla onde consta a custodia do/a menor)
IMPORTANTE
Artígos 7.2 e 7.3 da Orde do 21 de outubro de 2022:
▪ “ A falta de emenda das deficiencias detectadas na solicitude impedirá participar no procedemento de baremo dos criterios de admisión alegados”
▪ “A falta ou insuficiente acreditación dun criterio impedirá a súa valoración para os efectos de fixar a puntuación determinante da orde de prelación”
Estas instruccións son descargables en .pdf

Imprimir este Artigo
Proceso de admisión de alumnado para o curso 2026/27: DATAS

DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2026/2027
• CENTRO ADSCRITO: CEP Dr. FLEMING
TODO O ALUMNADO DO COLEXIO DR. FLEMING QUE SOLICITÓ PRAZA PARA O CURSO 2026/2027 NO IES DO CASTRO ESTÁ ADMITIDO
• Publicación da listaxe de alumnado con posto reservado: 23 de febreiro.
• Fin renuncias reserva no centro adscrito: 28 de febreiro.
• Publicación de postos escolares vacantes no taboleiro do centro e na páxina web: antes do 1 de marzo.
• Prazo de presentación das solicitudes no primeiro centro solicitado, a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado : do 1 ao 20 de marzo, ou presencialmente no centro do 2 ao 20 de marzo.
• Prazo de presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo: do 23 de marzo ao 7 de abril.
(só se é maior a demanda que a oferta de prazas avisarase na web do centro o día 23 de marzo. No caso de publicarse “cero” prazas o baremo será obrigatorio).
• Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 27 de abril.
• Reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles dende a publicación: 27 de abril a o 4 de maio.
• Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 15 de maio.
As persoas interesadas en realizar impugnacións as listaxes definitivas, poderán presentar recurso de alzada. Prazo de 1 mes contado dende o día seguinte a sua publicación. A resolución da persoa titular da Xefatura Territorial porá fin a vía administratíva.
Formalización da matrícula na ESO e no Bacharelato: do 23 de xuño ao 7 de xullo.
(no caso de non formalizar a matrícula neste prazo pérdese a praza)
• Presentación de solicitudes fóra de prazo: do 23 de marzo ao 31 de agosto.
Preferentemente antes do 25 de abril, data na que saen as listaxes provisionais.
• Prazo de admisión extraordinaria (segundo o artigo 45 da orde do 21 de outubro de 2022, DOG do 8 e novembro) a partir do 1 de setembro.
Descarga da información en .pdf

datas-proceso-de-admision_26_27.pdf
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Baremo aprobado para a adxudicación de prazas de probas de Certificación Lingüística 2026

Segundo a resolución do 14 de outubro de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos dependentes da consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades durante o curso 2025/2026, o Consello Escolar do IES do Castro aprobou o baremo aprobado para a adxudicación de prazas de probas de Certificación Lingüística 2026 recollido no documento de proposta que se ofrece a continuación:

baremo-aprobado-para-adxudicacion-de-prazas-para-probas-de-certificacion-linguistica-2026.pdf
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Programacións Didácticas en vigor

Para acceder ao visionado das Programacións Didácticas en vigor deberase acceder ao Portal PROENS da Consellería de Educación, sección Acceso Público
https://www.edu.xunta.gal/proens/
É obrigatorio encher os campos
Centro
(o código deste instituto é 36019670)
Ensinanza
Curso
Imprimir este Artigo














