|
1º e 2º
CURSO |
Obxectivos |
Proxecto
Curricular |
|||||
|
|
|||||||
|
::: OBXECTIVOS::: |
|||||||
|
OBXECTIVOS DE 1º CURSO |
|||
|
-
Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia,
aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da
cidadanía e respectar os dereitos humanos. -
Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de
esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en
si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e
creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor. -
Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución
pacífica de conflitos que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito
familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos que se relacionan. -
Coñecer, comprender e
respectar as diferentes culturas e as diferenzas entre as persoas, a
igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non
discriminación de persoas con discapacidade nin por outros motivos |
-
Valorar a hixiene e a saúde, aceptar o propio corpo e o
das demais persoas, respectar as diferenzas e utilizar a educación física e
o deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social. - Facilitar a evolución psicomotora,
perfeccionando a súa psicomotricidade grosa e fina, controlando hábitos posturais, de coordinación e de equilibrio. - Favorecer o desenvolvemento cognitivo e desenvolver as competencias
básicas nas diferentes áreas de aprendizaxe. |
||
|
OBXECTIVOS DE 2º CURSO |
|||
|
RESPECTO DO TRABALLO NA AULA COS
ALUMNOS/AS -
Favorecer
o desenvolvemento afectivo dos alumnos axudándolles a mellorar o control
emocional e os seus sentimentos, así como a súa dependencia os referentes máis
significativos ( pais, profesores...). -
Facilitar
a evolución psicomotora, perfeccionando a súa
psicomotricidade grosa e fina. Controlando hábitos posturais,
de coordinación e de equilibrio, axudándolles a asentar condutas neuromotrices e perceptomotrices
fundamentais para a adquisición dunha correcta madurez lecto-escritora. -
Favorecer
o desenvolvemento cognitivo, axudando os alumnos a superar o seu
subxectivismo, fomentando: a curiosidade intelectual e a capacidade de
atención e observación. -
Favorecer
o desenvolvemento da súa personalidade axudándolles a afianzar o concepto e a
estima que teñen de si mesmos e dos demais de maneira positiva. -
Facilitarlles
o desenvolvemento social a través da adquisición de hábitos básicos de
convivencia, que estimulen o seu interese polas características dos demais e
polas relacións de grupo cun sistema de valores axeitado. |
RESPECTO DO TRABALLO FORA DA AULA, EN RELACIÓN Ó CENTRO -
Ter
reunións periódicas quincenais de 2º Nivel e trimestrais con 1º Nivel, para unha
maior coordinación de actividades propostas e planeamentos metodolóxicos. -
Colaborar
e esixir colaboración ós pais, no compromiso común de termos informados das
incidencias que poidan xurdir, e poidan afectar negativamente, a marcha adecuada dos alumnos. |
||
|
|
|
|
|