|
3º e 4º
CURSO |
Obxectivos |
Proxecto
Curricular |
|||||
|
|
|||||||
|
::: OBXECTIVOS::: |
|||||||
|
OBXECTIVOS DO 3º CURSO |
|
|
- Elaborar a programación didáctica anual para 3º nivel de acordo á nova lei
de Educación e as súas concrecións na Comunidades Autónoma de Galicia. En
consecuencia adaptar o material impreso aos posibles novos contidos e
materias que establece. - Como consecuencia do anterior revisar os criterios de homoxeneización e
de avaliación, así como os instrumentos para levar á cabo a mesma. - En colaboración co Equipo de Convivencia: ·
Traballar as normas que dende el se plantexen aos
niveis educativos, para unha mellor convivencia do alumnado. ·
Seguir co proxecto de manter limpo os patios. ·
Atender ao alumnado con problemas de conduta nas gardas
dedicadas a tal fin. ·
Promover o respecto entre todos os membros da
comunidade educativa. ·
Intervir nos conflitos e educar ao alumnado na
resolución dos mesmos. ·
Desenvolver as habilidades sociais e a empatía entre
alumnado. - Aplicar o Plan de Acción Titorial. |
- De acordo co Plan Xeral de
Atención á diversidade, observar as necesidades de atención, dentro das
titorías e tomar, coa axuda do D.O. as medidas oportunas para levar a cabo as
accións necesarias con este tipo de alumnado. ·
Dentro deste obxectivo, e dado que no 3º curso están
escolarizados alumnos e alumnas con NNE, elaborar unha adaptación nas
avaliacións (en aqueles casos en que non sexa necesaria unha adaptación
curricular) e revisar as ACI xa existentes. - Participar nas actividades nas actividades propostas polo equipo de
biblioteca e TIC e normalización
lingüística, que se consideren axeitadas ao nivel e ás características do
grupo. - Establecer dinámicas de aula nas que o alumnado teña que renunciar ao seu
individualismo para poder iniciar na aula actividades de traballo colaborativo. - Elaborar propostas de nivel para levar Comisión Pedagóxica. - As actividades Extraescolares (Saídas
Didácticas) están pendentes de confirmar, realizaranse segundo a organización
do curso e relacionadas cos contidos das materias, se procede. - Participar nas celebracións e conmemoracións que se preparen no centro. -
Valorar ao longo do curso as dificultades de organización
da aula de titoría(que xa se observan a estas alturas de curso) que supón impartir a materia de Lingua
Estranxeira na mesma. |
|
OBXECTIVOS DO 4º CURSO |
|
|
-
Favorecer o desenvolvemento afectivo,
cognitivo e social do alumno. -
Construír a través do traballo cotiá a
propia personalidade desenvolvendo a sensibilidade e a creatividade. -
Colaborar e esixir
colaboración ós pais,para unha maior eficacia no
proceso educativo dos alumnos a todos os niveis. -
Ter reunións periódicas quincenais para unha maior
coordinación. -
Revisar os criterios de programación, avaliación e
homoxeneización, e levar a cabo a calibración do profesorado que se integra
no nivel. -
Concretar os obxectivos mínimos de nivel buscando o
máximo consenso posible a fin de que o número de repetidores sexa o menor
posible, tendo sempre en conta a atención á diversidade. -
Ler e analizar o regulamento de Réxime interior e
elaborar unha relación de normas mínimas para evitar no posible conflitos de
comportamento
non desexables. |
-
Manter limpo o patio e tódalas dependencias do Centro
para o cal se darán as oportunas instrucións nas aulas. -
Esforzarse no coidado do Medio Ambiente inculcando nos
alumnos e alumnas hábitos de educación ambiental e de non consumismo. -
Continuar coa integración de novos alumnos,
especialmente de inmigrantes, superarando
diferenzas culturais e evitando todo tipo de discriminacións. -
Recoñecer e aprecia-las diversidades culturais,
respectando as súas peculiaridades e valorando a súa existencia como
contribución enriquecedora. -
Organizar as conmemoracións escolares programando as
actividades axeitadas. -
Planificar as saídas a realizar ao longo do curso
escolar.
|