5º e 6º CURSO

Obxectivos
▼▼

Horario

Profesorado

Proxecto Curricular

Libros Texto

Impresos Desgarga

IMPRIMIR

::: OBXECTIVOS:::

OBXECTIVOS DE 5º CURSO

-       Revisar e actualizar a programación didáctica das ensinanzas do curso, seguindo as indicacións recollidas no Proxecto Educativo de Centro e as directrices establecidas na normativa vixente

-       Establecer a temporalización dos contidos correspondentes a cada unha das materias.

-       Deseñar e aplicar as probas iniciais de comezo de curso para coñecer a situación académica dos alumnos.

-       Promover a homoxeneización da función docente naqueles aspectos que requiran unidade de criterio na actuación que se leva a cabo nas diferentes aulas, como pode ser:

·        Establecer os criterios que unifiquen os procesos de avaliación do alumnado tanto na elaboración de probas como na súa corrección, e aqueloutros criterios que se refiran á súa promoción.

·        Levar a cabo a calibración do profesorado recentemente integrado.

·        Establecer unha relación de normas mínimas, dependentes das recollidas no Regulamento de Réxime Interno, para evitar no posible conflitos e comportamentos non desexables.

-       Colaborar na integración de novos alumnos.

-       Coordinar a conmemoración que corresponda ao curso.

-       Participar na organización das demais conmemoracións escolares.

-       Estudar as actividades complementarias ofertadas por diversas entidades, e comunicadas pola xefa de actividades complementarias. Decidirase cales son as máis axeitadas a cada grupo, buscando que se integren na programación docente. 

OBXECTIVOS DE 6º CURSO

-       Revisar e actualizar a programación didáctica das ensinanzas do ciclo, seguindo as indicacións recollidas no Proxecto Educativo de Centro e as directrices establecidas na normativa vixente (LOE 2/2006; Decreto 130/2007, que establece o currículo de primaria; Decreto 374/1996, regulamento orgánico de infanil e primaria; Orde do 22 de xullo de 1997, de organización e funcionamento das escolas de infantil e primaria). Este ano será preciso adaptar os de Educación da Cidadanía as novas esixencias.

-       Establecer a temporalización dos contidos correspondentes a cada unha das materias.

-       Deseñar e aplicar as probas iniciais de comezo de curso para coñecer a situación académica dos alumnos, prestando especial atención á de comezo de ciclo, útil para a apertura do informe de avaliación do alumno.

Promover a homoxeneización da función docente naqueles aspectos que requiran unidade de criterio na actuación que se leva a cabo nas diferentes aulas, como pode ser:

·       Establecer os criterios que unifiquen os procesos de avaliación do alumnado tanto na elaboración de probas como na súa corrección, e aqueloutros criterios que se refiran á súa promoción.

·       Levar a cabo a calibración do profesorado recentemente integrado.

·       Establecer unha relación de normas mínimas, dependentes das recollidas no Regulamento de Réxime Interno, para evitar no posible conflitos e comportamentos non desexables. E vixiar o seu cumprimento.

-       Colaborar na integración de novos alumnos, especialmente de inmigrantes.

-       Coordinar a conmemoración que o claustro de profesores lle asigne.