 |
VIDA |
María
Rosalía Rita de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro
do 1837. Parte da súa infancia pasouna coa súa nai en Padrón, indo ós 13
anos para Santiago de Compostela. En 1856 vaise para Madrid, para
adicarse a escribir. Alí casa con Manuel Murguía, xornalista e gran
galeguista. |
|
 |
Durante anos
alterna a residencia entre Madrid e Galicia, onde xa quedará definitivamente
a partires de 1871. Os derradeiros anos da súa vida pásaos en Padrón, na que
hoxe é a Casa Museo de Rosalía. Pouco antes da súa morte, enferma de cancro,
pasa unha curta tempada na Ría de Arousa (Carril), pois quería ve-lo mar
antes de morrer. Con 48 anos (ano 1885), Rosalía morre en Padrón. |
Na actualidade,
os seu restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de
Bonaval (Santiago). |
OBRA |
Rosalía
cultivou distintos xéneros literarios: novela, cadro de costumes, conto,
reportaxe, poesía... Pero é aquí, na poesía, onde máis destacou,
converténdose nunha poetisa universal. |
Rosalía
escribiu tanto en galego como en castelán. En galego escribiu os
libros de poemas Cantares gallegos (1863) e Follas novas
(1880). |
En castelán
e en verso, La flor (1857), A mi madre (1863) e
En las orillas del Sar (1884). En prosa escribiu, entre outras,
as obras Flavio (1861), El caballero de las botas azules
(1867), La hija del mar (1859), El primer loco
(1881), Costumbres gallegas (1881) Padrón y las
inundaciones (1881) e Ruinas (1866). |
No centenario
da publicación de Cantares Gallegos (1963), a Real Academia Galega consagrou
o 17 de Maio á celebración do Día das Letras Galegas, que lle foron adicadas a Rosalía na súa primeira edición. Elexiuse esta data porque era a
que figuraba na adicatoria feita por Rosalía. |
|
En
maio de 1863 imprímese en Vigo Cantares Gallegos, libro fundamental
do Rexurdimento da lingua galega. Neste libro Rosalía nomea "cantares"
populares galegos, que eran recollidos e estudados polo seu home, o insigne
galeguista Manuel Murguía. Tamén fai referencia a ditos e refráns. |
É o seu primeiro libro en lingua galega, e tamén o primeiro en galego da
literatura moderna. Rosalía realiza a fazaña de escribir nunha lingua na que
non se escribía dende facía centos de anos. A súa voz érguese contra
agravios e prexuizos seculares, e faino en lingua galega. |
O primeiro poema vai a xeito de introducción poética. Os cantares
pódense clasificar en monólogos, diálogos, poemas de costumes, humor,
sátira, sociais, patrióticos... Estes últimos son os máis importantes. Están inspirados na emigración ou no menosprezo por todo o que teña que
ver co galego.
Adiós, ríos; adiós, fontes é o adeus do emigrante que marcha. |
Airiños, airiños, aires reflexa o desexo dunha muller de
voltar a Galicia. |
Castellanos de Castilla , sentimento de maltrato ós
galegos. |
Campanas de Bastabales e Como chove miudiño
son poemas autobiográficos. |
Trátase,
polo tanto, dun libro reivindicativo, escrito para que Galicia
se encontre a si mesma, e para que os galegos rompamos cos
vellos e estranos complexos. |
|
|
FOLLAS NOVAS |
Este libro
é publicado no ano 1880. Rosalía sábese moi diferente das demais
poetisas e xa o indica no primeiro
poema.
"Daquelas que cantan ás pombas e as frores, |
todos din que teñen alma de muller. |
Pois eu, que n'as canto, Virxe da Paloma, |
¡ai!, ¿de que a terei?" |
|
|
Os poemas
foron escritos "no deserto de Castilla". Como ela mesma indica no prólogo,
parte son poemas intimistas e a outra parte son poemas de temática social.
Tamén hai poemas costumistas (A pombiña que está xorda) ou relixiosos
(Na catedral). |
No libro
quinto (e último) desta obra, "As viudas dos vivos e as viudas dos mortos"
trata Rosalía o tema da emigración, pero dende o orixinal punto de vista da
ferida psicolóxica que deixa no espírito da muller, que queda en Galicia. |
No poema "A xusticia pola man" fai unha poetización da súa
traxectoria biográfica nunha sociedade hostil. |
Rosalía non volve a escribir en galego, pese á insistencia de Manuel
Murguía, home seu, como xa apuntaba no prólogo...
"...porque pagada xa a deuda en que me parecía estar coa miña terra,
difícil é que volva a escribir máis versos na lengua materna."
"Tecín soa a miña tea, |
sembrei soa o meu nabal, |
soia vou por leña ó monte, |
soia a vexo arder no lar." |
|
 |
|
|
|
|
|