Javier Vázquez Grela

Pianista nacido na Coruña, cidade onde inicia os seus estudos musicais no conservatorio superior de música coa prestixiosa pianista Natalia Lamas, rematando a súa carreira coas máximas calificacións en 1995. A partires de entonces desenvolve unha ampla actividade coma solista acompañante e en formacións de cámara, sendo membro do Trío de Cámara Mendelsohn.

Posteriormente trasládase a Barcelona para estudar na Academia Luthier co pianista Antonio Ruiz Mellado obtendo ao final dos seus estudos e por unanimidade do xurado o diploma de Concertista Cum Laude. Ten realizado grabacións para a Radio Nacional de España, Radio Gallega, e Televisión de Galicia e estrenou obras de autores da Asociación Galega de Compositores entre os anos 1996 e 2003.

En xaneiro do ano 2007 graba un cd co clarinetista Antonio Suárez con obras de Brahms e Poulenc. Ese mismo ano e co gallo do 20 aniversario da morte de Federico Mompou interpreta nunha serie de concertos en España e México, a integral das canciones e danzas e as variacións sobre un tema de Chopin.

Asistiu a cursos con prestixiosos intérpretes como Rafael Sebastiá, Eulalia Solé, Luiz de Moura, Vladislav Broneveztky, Erick Heidseck, Alain Motard, Miguel Zanetti (Madrid), Charles Spencer (Alemania), Dalton Baldwin (Portugal).

Desde o ano 1998 é pianista acompañante por oposición do Conservatorio Profesional de Música de A Coruña. No ano 2000 graba a Rapsodia in blue de George Gershwin coa Orquestra Sinfónica de Melide e tamén estrenou con esta orquestra no ano 2005 o concerto para piano e orquestra do compositor galego Fernando V. Arias no auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Participa co quinteto de vento do Conservatorio Superior de Música de A Coruña no noveno Torneo Internacional de Música celebrado en Zaragoza, interpretando o Sexteto de Francis Poulenc obtendo o diploma de mérito. Ten actuado nas principais cidades e auditorios de Galicia, Aranjuez (Auditorio Isabel de Farnesio), Barcelona (Casa Elizalde, Centro de Música Contemporánea), Portugal (Casa Mateus), Zaragoza (Sala Luis Galve), Amsterdam, Utrecht e en Guadalajara-México (Ex-Convento del Carmen, Fundación Álvarez del Castillo, Teatro Degollado), Fresnillo e Tlaquepaque.

Praza do Conservatorio, s.n. 15011 A Coruña • Telf. 981 276 800 - Fax: 981 276 767 • mail: cmus.profesional.coruna@edu.xunta.es