Alumnos con necesidades educativas especiais

Lexislación

ORDE do 16 de decembro de 2011

Proxecto de incorporación de alumnado con necesidades educativas especiais ás ensinanzas elementais de música do conservatorio

En decembro de 2011 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria autorizou ó Conservatorio Profesional da Coruña a posta en marcha dun proxecto innovador na nosa comunidade autónoma: a incorporación de alumnado con necesidades educativas especiais (nee) ás ensinanzas elementais de música no conservatorio.

Este proxecto supuxo a incorporación de alumnado con n.e.e. (necesidades educativas especiais) e con idades comprendidas entre os 12 e 18 anos ás ensinanzas regradas de música no presente curso 2012/13. Para isto, foi preciso realizar unha adaptación do currículo de grao elemental, así como das probas de acceso a primeiro curso.

A primeira das actividades propostas para arrancar o proxecto foi a realización dun cursiño preparatorio de acceso a grao elemental para estas rapaces, que se realizou de marzo a maio de 2012 a través de sesións musicais e instrumentais. Este cursiño preparatorio proporcionou tanto a alumnos como a profesores unha primeira toma de contacto que axudou a definir as bases de este proxecto.

En xuño de 2012, e dentro das probas xerais de acceso a primeiro curso de grao elemental, convocáronse 5 prazas nunha quenda especial dirixida a estes rapaces. Todas as prazas ofertadas en diferentes especialidades foron cubertas: percusión (2), piano (1), saxofón (1) e tuba (1).

No presente curso, iniciáronse as clases con alumnos de nee, respectando a carga lectiva oficial, polo que os alumnos reciben clase semanalmente de 2 horas de linguaxe musical, 1 hora de educación auditiva e vocal, 1 hora de instrumento individual e nalgúns casos incorporáronse tamén á clase colectiva de instrumento.

Para o vindeiro curso 2013/2014, espéranse convocar outras tantas prazas destinadas a este tipo de alumnado.

Profesores colaboradores no proxecto:

  • Eva Aguiar, saxofón
  • Miguel Castro e Xabier Sabater, percusión
  • Raúl Galán, tuba
  • Fernando Gracia, frauta
  • Cristina López e Gabriel López, piano
  • Fernando L. Briones, Isabel Gómez e M. Victoria Núñez, linguaxe musical e educación auditiva e vocal
Praza do Conservatorio, s.n. 15011 A Coruña • Telf. 981 276 800 - Fax: 981 276 767 • mail: cmus.profesional.coruna@edu.xunta.es
Contactar | Enlaces