<logoxunta>

Polo decreto 391/1975 de 6 de Febreiro concédeselle ao Conservatorio de Vigo o Grao Profesional polo Ministerio de Educación e Ciencia (BOE nº 60 de 11/3/75). A validez académica á materia de Gaita Galega outórgaselle polo Ministerio de educación e Ciencia con data de 30 de novembro de 1977.
No ano 1982, e despois dun incendio no edificio da rúa Progreso, o Conservatorio trasládase á actual ubicación actual de Manuel Olivié 23.
O ano 1984 é un ano clave para o Conservatorio xa que o día 23 de marzo concédeselle a categoría de Conservatorio Superior Municipal polo Ministerio de Educación sendo directora do centro Dona. Josefa Estarque Vila. Foi un feito relevante no ensino musical galego, ao converterse no primeiro Conservatorio Superior do Galicia.
No ano 1986, pasa a ser director do centro Don Tomás Camacho Muelas, catedrático de Guitarra. Posteriormente, no ano 1987, o mantemento do Conservatorio desborda a capacidade económica do Concello de Vigo, e decídese que se faga cargo do mesmo a Xunta de Galicia.
O actual director do centro é Don Roberto Relova Quinteiro, que accedeu ao cargo en 1995, ano da construcción do auditorio Martín Códax.

Como institución difusora da música, o Conservatorio de Vigo traballa de cotío para que o centro sexa accesíble a todos os públicos e invítaselles a coñecer as súas instalacións

     
atrás
 
Conservatorio Superior de Música de Vigo •Manuel Olivié, nº 23 •36203 VIGO
Telf: 986 471144 • Fax: 986 481 807 • cmus.vigo@edu.xunta.es