Busca alimento

PREGUNTAS

 
 

Esta tarefa ímola realizar en grupos de catro alumnos/as supervisados polo profesor/a.

Debedes distribuir o traballo a realizar por cada un dos membros do grupo e o formato de presentación será mediante o programa OpenOffice Impress ou similares.

Valorarase :

-Grao de participación na tarefa dos catro membros do grupo.
-Creatividade e finalización das tarefas.
-Orde e estética no traballo.
-Actitude de respecto cara as presentacións dos demais compañeiros.

1.- Explica o proceso de alimentación e nutrición.
2.- ¿Cal cres que é a comida máis importante do día? ¿Por que motivo?
3.- ¿Cres que comes dun xeito saudable? Razoa a resposta.
4.- ¿A inxesta de comida está condicionada en función do sexo ? ¿Por que?
5.- ¿Que é a dieta? ¿E a dieta mediterránea?
6.- Cita e explica os máis importantes trastornos alimentarios.
7.- Para unha alimentación saudable, ¿que pasos debes seguir e cales evitar?
8.- Averigua a túa Área de Superficie Corporal. (Valores normais en nenos de 10 anos: 1,14m2; en nenos de 12-13 anos: 1,33 m2)
9.- Calcula o teu Índice de Masa Corporal? ¿Está en valores normais?
10.- Practica o Xogo Interactivo: A Pirámide dos Alimentos.



 
Webquest elaborada por Javier Díaz López con