|
O CPI Armando Cotarelo Valledor foi seleccionado para, a
partir do curso 2011-2012 informatizar as aulas de 5º e
6º de
E. Primaria e 1º e 2º de ESO. Estarán dotadas con un
ordenador para cada neno, unha pizarra electrónica, un
canón de proxección e un ordenador para compartir os
profesores. Asimesmo contará cun armario destinado á
carga eléctrica das baterías dos portátiles. O centro
contará cun servidor propio para dar servicio a estas
aulas.
Empregarase software libre, tanto para o sistema
operativo (Linux), como para as diversas aplicacións.
O profesorado que imparte clases nestas aulas
implicarase no uso destes medios como ferramentas de
educación, para o que contarán coa formación
correspondente.
Como coordinador deste proxecto estará o profesor Xosé
Anxo Grande Penela |