Inicio | As vilas | O Colexio | Actividades | O Rillote | PCPI | Administración | Suso de Marcos | Xogos | |||||||||
|
Suso de
Marcos: semblanza biográfica. Suso de Marcos naceu en Boimorto ( A
Coruña) no ano 1950. O seu nome para a sociedade é Jesús López
García, pero o peso do consuetudinario comportamento popular
condicionou que desde a súa infancia se engadira ó familiar "Suso"
a continuación "de Marcos", tal como era (e é) coñecida a
familia do artista desde tempos atrás. A súa infancia transcorre no medio rural e
de forma humilde. Pronto apunta o seu gusto polo traballo de
tallado: o seu pai realizaba apeiros de labranza con madeira e o
seu fillo, en varias ocasións, mostrou curiosidade por esa
actividade. Pronto se traslada á veciña cidade de A
Coruña, donde simultanea o traballo en talleres de artesanía coa
súa formación técnico-artística na Escola de Artes e Oficios
desta cidade. Máis tarde trasladarase a Madrid (1973 ) e alí, ó
tempo que completa a súa formación na Escola Central, traballa
xa con escultores como Pau Paissa, Ortega Bru ou Juan de Avalos.
Determinantes na súa formación artística, se nos presentan nesta
época as visitas ó Museo do Prado e as viaxes ultrapirenaicas a
Italia, Xugoslavia, Grecia, Inglaterra e Francia, na percura do
coñecimento das novedades artísticas de vangarda. En 1975 inicia a súa actividade expositiva
e xa en 1976 recibe a terceira medalla en escultura no Certame
Nacional de Belas Artes, celebrado en Madrid. Sigue viaxando ó extranxeiro e a difusión
da súa obra é cada vez maior: Madrid, París, A Coruña, Ourense,
Segovia, Cuenca, Guadalaxara... acollen con éxito a súa
producción. En 1979 chega a Málaga para ocupa-la praza
de Axudante de Talla (disciplina que busca a formación artesanal
do alumno) da Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos. As
súas aspiracións artísticas e as súas inquedanzas creativas
faranlle proxecta-la creación da disciplina de Talla en Madeira,
que superará o límite artesanal e asentarase sobre a finalidade
artística. Por méritos propios, obten en 1992 a praza de
profesor numerario desta nova disciplina, praza que todavía hoxe
segue a ocupar. Dende o ano da súa chegada ata hoxe,
Málaga presenciou o su crecemento nos dous camiños polos que
ven discurrindo a súa relación coa escultura: Por un lado, na
súa dedicación á ensinanza, como transmisor de inquedanzas
artísticas. Por outro, na súa producción escultórica persoal, á
súa vez repartida entre a libre creación e as obras de temática
relixiosa que responden a unha demanda pública (non esquezamos o
compoñente relixioso da cultura andaluza). As súas inquedanzas culturais (
exposicións e obras súas lle vinculan á Literatura, á Historia,
á Pintura. ..), a súa progresión no emprego de materiais (
primeiro, madera; logo ferro e madeira; máis tarde, cristal,
auga, ferro, poliester, metacrilato, luz artificial. ..), as
súas frecuentes exposicións e os nomeamentos de carácter
académico (ingreso en 1986 na Real Academia de Belas Artes de
San Telmo e en 1991 na Real Academia Galega de Belas Artes de A
Coruña ), amosan o seu afán de progreso e perfeccionamento
artístico, así como a súa incuestionable valía como escultor. Este percorrido pola vida e pola obra de
Suso de Marcos quedaría incompleto se non se adicasen estas
derradeiras líñas a suliñar o seu altruísmo e empeño en
favorecer a aqueles interesados pola cultura: en 1987 crea
Premio de Talla Suso de Marcos, que cada año vense faciendo
realidade; en xunio de 2001 entreganse, no CPI Armando Cotarelo
de Boimorto, as primeras Axudas ós Estudios Suso de Marcos, que
van encamiñadas a contribuir económicamente á formación
académica daqueles alumnos con maiores inquedanzas culturais
|
||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||