Os valores
do CPI de ATIOS,
aséntanse no traballo eficaz e flexible, no que fomenta o esforzo
e a responsabilidade dentro dun ambiente cordial e respectuoso
que prima a confianza e a autoestima.
Democracia: favorécense as decisións colectivas e o traballo
en equipo, respectando as distintas formas de participar na
comunidade educativa.
Responsabilidade: caracterízase, tanto a nivel individual como
colectivo, por fomentar a creatividade, o esforzo e a confianza
nas propias posibilidades, manténdose no círculo de influencia,
e sen perder de vista a interacción co medioambiente.
Integración: mediante a flexibilidade e o recoñecemento das
propias e das diferentes identidades, capacítase para respectar,
acoller e valorar as distintas expresións sociais, culturais e
lingüísticas.